A VI Asemblea Nacionalista celebrouse na Coruña o 27 de abril de 1930. Historia e características O grupo ourensán de Vicente Risco celebrou a asemblea na Coruña, coa presenza das distintas tendencias das Irmandades. A reunión asistiron 44 compromisarios, dos cales case a metade eran membros do grupo coruñés. Acordaron a reconstitución das Irmandades da Fala en toda Galicia, designar un Comité executivo formado por Otero Pedrayo, Antón Iglesias Vilarelle e Salvador Mosteiro, reafirmar os acordos da Asemblea de Lugo de 1918 como programa marco e crear un Partido Autonomista Republicano Agrario Autónomo, que non chegou a nacer.
Véxase tamén Bibliografía
Artigos "Irmandandes da Fala" e "Galeguismo" na Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD).
Outros artigos V Asemblea Nacionalista
Nacionalista VI Categoría:1930 en Galicia Categoría:A Coruña Categoría:Artigos de Galicia sen imaxes