Bacillus halodurans é unha especie de bacteria grampositiva con forma de bacilo, móbil e formadora de esporas que se encontra no solo. Nunha comparación xenómica con Bacillus subtilis, a cepa de B. halodurans C-125, orixinalmente unha cepa de Bacillus non clasificada, contiña xenes únicos e factores sigma que puideron axudarlle a adaptarse a ambientes máis alcalinos.
Produción de bacteriocina B. halodurans produce unha bacteriocina, chamada haloduracina, que pode ser útil como lantibiótico e podería faricarse en grandes cantidades por fermentación en estado sólido.
Estrutura xenómica B. halodurans ten un xenoma que contén 4,2 Mbp con 4066 xenes codificadores de proteínas.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Cepa tipo de Bacillus halodurans en BacDive, a Bacterial Diversity Metadatabase
Categoría:Bacillales