Andrea Barreira Freije, nada na Fonsagrada en 1986, é unha escritora galega.

Traxectoria Graduada en xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, mestrado en Comunicación Científica, Tecnolóxica e Medio-ambiental pola Universidade Carlos III de Madrid e outro en Estudos Internacionais pola pola Universidade de Santiago de Compostela.

Imparte obradoiros de escritura para adolescentes e adultos.

Foi xestora cultural, tradutora, locutora, dependenta… e pedagoga.

Forma parte da plataforma de crítica literaria feminista A Sega, que visibiliza o traballo das escritoras.

Publicou o conto infantil de Nadal, Que pode saír mal? para as actividades Pontexogos (Pontevedra) do Nadal 2016/17, ilustrado por Ana Seoane.

En 2023 gañou o VII Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade coa obra Quen precisa unha avoa?

Obras 300px|miniatura|De esquerda a dereita, Celia Recarey, Andrea Barreira e Antía Veres durante o relatorio "Tradución das clásicas ao galego, de Mary Wollstonecraft a Virginia Woolf", como parte das actividades da SELIC 2017. Non hai luz sen escuridade (2015). Santiago: Urco Editora. Novela xuvenil fantástica. Palabra de bruxa (2018). Vigo: Galaxia, Costa Oeste. 168 páxs. ISBN 978-84-9151-181-6. Quen precisa unha avoa? (2024). Vigo: Xerais. 296 páxs. Ilustracións de María Montes. ISBN 978-84-1110-569-9. ePub: ISBN 978-84-1110-574-3.

Ensaio Desmontando o corpo, construíndo a ciencia. As xemelgas Fernández de la Vega (2021). A Coruña: Baía. 48 páxs. ISBN 978-84-9995-368-7.

Obras colectivas Contos do Sacauntos Romasanta o criminal Lendas de Gallaecia Segunda Era Encontros na Terceira Fase Tebras na Alma Contos de Verán O libro dos libros (2018), co relato "A libreira de Iz"

Recoñecementos

Palabra de Bruxa foi finalista na Gala do Libro Galego 2019 VII Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade por Quen precisa unha avoa?

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha da autora en Urco Editora.

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados na Fonsagrada Categoría:Nados en 1986