Corallus batesii é unha especie de boa arborícola das selvas tropicais de América do Sur. Esta especie foi revalidada a partir da sinonimia de Corallus caninus, da cal foi separada, por Henderson e colegas en 2009.

Taxonomía e etimoloxía Esta especie describiuna orixinalmente o naturalista inglés John Edward Gray co nome Chrysenis batesii en 1860.Gray JE (1860). "Description of a New Genus of Boidæ discovered by Mr. Bates on the Upper Amazon". Annals and Magazine of Natural History, Third Series 6: 131-132. (Chrysenis batesii, new species). (original text). O nome específico batesii púxoselle en honra de Henry Walter Bates, naturalista e explorador inglés, descubridor do mimetismo batesiano.Beolens, Bo; Watkins, Michael; Grayson, Michael (2011). The Eponym Dictionary of Reptiles. Baltimore: Johns Hopkins University Press. xiii + 296 pp. . (Corallus batesii, p. 19). Despois a especie considerábase que formaba parte da especie Corallus caninus, da que foi separada por Henderson en 2009 baseándose nas súas diferenzas morfolóxicas.

Descrición Esta especie da cunca amazónica ten un ventre amarelo e un dorso verde escuro con liñas vertebrais brancas, que teñen barras cruzadas parciais confluentes, a miúdo abeiradas por algunhas manchas negras. Corallus batesii difire de C. caninus pola forma e o número das súas escamas do fociño. C. batesii é maior que C. caninus, e medra ata unha lonxitude total (incluíndo a cola) de aproximadamente 2,7 m.

Distribución e hábitat Esta especie da "Cunca" (a diferenza da especie do escudo güianés, C. caninus), como indica o seu nome, encóntrase na cunca do Amazonas, sur de Suriname, sur de Venezuela ata Colombia, o Perú e o Brasil e nas selvas que rodean o río Amazonas.Bernarde PS, Albuquerque S, Barros TO, Turci LCB (2012). "Serpentes do Estado de Rondônia, Brasil ". Biota neotrop. 12 (3): 1-29. (en portugués).

Notas

Categoría:Boidos Categoría:Serpes de América do Sur