Azotobacter chroococcum é unha bacteria descuberta en 1901 por Martinus Beijerinck, que ten a capacidade de fixar o nitróxeno atmosférico e foi o primeiro fixador de nitróxeno de vida libre aerobio descuberto.

Características

A. chroococcum é unha bacteria microaerófila, que pode fixar o nitróxeno en condicións aerobias. Para facelo produce tres encimas (catalase, peroxidase e superóxido dismutase) cos que "neutraliza" as especies reactivas do oxíxeno. Tamén forma o pigmento hidrosoluble castaño escuro melanina en alto nivel durante a fixación do nitróxeno, que se cre protexe o sistema da nitroxenase do oxíxeno.

Usos

Fixéronse investigacións sobre as aplicacións potenciais de A. chroococcum para mellorar a produción agrícola. Polo menos un estudo mostrou un incremento significativo na produción das colleitas ligada á produción de "auxinas, citocininas e substanias de tipo GA" por A. chroococcum.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Cepa tipo de Azotobacter chroococcum en BacDive - a Bacterial Diversity Metadatabase

Categoría:Pseudomonadales