Nikolai Alekséievich Sévertsov (en ruso Николáй Алексе́евич Се́верцов), coñecido nas linguas latinas como Nikolai Severtzov, nado o 5 de novembro de 1827 e finado o 8 de febreiro de 1885, foi un explorador e naturalista ruso.

Traxectoria Severtzov estudou na Facultade de Física e Matemáticas da Universidade de Moscova e, aos 18 anos, entrou en contacto co científico Grigori S. Karelin e interesouse pola Asia central.

En 1857 uniuse a unha expedición ao río Sir Daria (no actual Kazakhstán). Nesta expedición foi capturado por uns bandidos e liberado un mes despois por militares rusos. Regresaría a esta rexión, a Tashkent, en 1864.

Contou a historia da súa aventura en Un mes de cativerio entre os kokandianos. Cun mapa do baixo Syr-Darya, publicado en San Petersburgo en 1860.Lorraine de Meaux (2010): La Russie et la tentation de l'Orient, Fayard. ISBN 978-2-213-63812-6, pp. 46-47.

Entre 1865 e 1868 explorou as montañas de Tian Shan (gran sistema montañoso da Asia central, localizado na rexión fronteiriza entre os actuais Kazakhstán, Kirguizistán e a República Popular da China), e o lago Issyk Kul.

En 1877-1878 visitou as montañas do Pamir, seguindo unha ruta próxima á actual estrada, chegando ao lago Yashil Kul e o río Ghunt. Alí estudou as liñas de migración das aves da Asia Central.

Severtzov publicou moitos libros sobre o reino animal, entre eles escribiu Distribución vertical e horizontal da vida salvaxe de Turquestán (1873), que incluía a primeira descrición de numerosas especies e subespecies, entre elas 384 de aves.

Unha subespecie de argalí (carneiro salvaxe) descrita por el, logo se denominou na súa honra Ovis ammon severtzovi. E unha especie de frinxílido, Carpodacus severtzovi, foi dedicada a el por Richard Bowdler Sharpe.

O 8 de febreiro de 1885 Severtzov morreu accidentalmente, afogado no río Don.

Abreviatura A abreviatura Severtzov emprégase para recoñce a como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Robert Middleton e Huw Thomas (2011): Tajikistan and the High Pamirs. Sheung Wan, Hong Kong: Odyssey Illustrated Guides. ISBN 978-9-6221-7818-2. Ernst Mayr e William B. Provine (1998): The evolutionary synthesis. Perspectives on the unification of biology. Cambridge, Massachusetts, Estados Unidos de América: Harvard University Press ISBN 9780674272262 Sewerzow, en Zeno.org .

Categoría:Científicos de Rusia Categoría:Zoólogos de Rusia Categoría:Nados en 1827 Categoría:Finados en 1885 Categoría:Nados no óblast de Voronezh