Salvador Fernández de la Cigoña Fraga, nado en Vigo o 27 de outubro de 1969, é un empresario do sector da consultoría e escritor galego.

Traxectoria Neto do xornalista Fabriciano Fernández Serra. Como escritor, con nove libros e máis dun centenar de artigos publicados, colaborou en distintas revistas e boletíns: Revista Pontenova (Deputación Provincial de Pontevedra), Revista Pontevedra (Deputación Provincial de Pontevedra), Soberosum (Revista de Estudos do Museo de Ponteareas) e Glaucopis (Boletín do Instituto de Estudos Vigueses). É relevante á súa achega ao coñecemento da orixe dos cruceiros galegos, entre outros co artigo A Orixe Barroca dos Cruceiros Galegos, traballo publicado no I Congreso Cruceiros e Cruces de Pedra en Galicia (2009). Atopou e deu a coñecer o poema perdido Despedida de Celorio. Un poema, en verso rudo, tosco y desabrido, sobre la exclaustración de San Salvador de Celorio en Asturias (2008) un dos escasos poemas escritos polos frades exclaustrados atopados ata agora e que foi publicado no boletín do Studium Ovetense (Instituto de Estudios Teológicos Seminario Metropolitano de Oviedo). Foi o descubridor do guerreiro galaico de Borreiros, peza arqueolóxica que se deu a coñecer nas actas do XXII Congreso Nacional de Arqueología (1993) mediante o comunicado Un Guerrero Galaico en la Parroquia de Borreiros (Gondomar), el Segundo hallado en la Provincia de Pontevedra. Breves Notas sobre los Guerreros Galaicos y sus Origenes. Tamén ten numerosos artigos publicados na prensa galega (La Voz de Galicia, Faro de Vigo e Atlántico Diario).

Coleccionista de fotografías e postais antigas, conseguiu reunir xunto coa súa dona Belén Barreiro Iglesias unha relevante colección destas pezas de Galicia, dando a coñecer o patrimonio fotográfico antigo de Galicia en varios xornais galegos.

Libros Historia da Comarca do Val Miñor (Baiona, Nigrán e Gondomar) (1995). O Val Miñor na tarxeta postal. Catalogación de postal e fotografía antiga (1999) Cruceros de Val Miñor y Santa María de Oia (Aproximación a los orígenes y características arquitectónicas de los cruceros) (2004) Vigo y los tiempos vividos al trasluz de la postal antigua (2006) Crónicas y estampas de Baiona la Real (2008) Vigo, días en blanco y negro (2011) Vigo, setenta años para crear una ciudad (2013) Bayona, memoria de un tiempo (2014) El bayonés Manuel Misa y Bertematti, filántropo y empresario bodeguero en Jerez, primer Conde de Bayona y primer Marqués de Misa (2015)

Vida persoal Está casado e ten dous fillos. É sobriño dos tamén escritores Estanislao Fernández de la Cigoña e Francisco Fernández de la Cigoña.

É dono dunha empresa de consultoría empresarial orientada ó mundo da contratación de servizos.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Galegos

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1969 Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes