Ava Marie DuVernay, nada en Long Beach (California) o 24 de agosto de 1972, é unha directora, guionista, publicitaria de filmes e distribuidora de filmes estadounidense. No Festival de Cinema de Sundance de 2012, DuVernay gañou o Premio á Mellor Dirección pola súa segunda longametraxe, Middle of Nowhere, converténdose na primeira muller afroamericana en gañalo.Demby, Gene (30 de xaneiro de 2012). "Sundance 2012: Ava DuVernay Becomes First Black Woman To Win Best Director Prize For Middle Of Nowhere. On June 22, 2015 she was announced as the director of the upcoming Marvel film Black Panther.". Huffington Post.Barnes, Brooks (27 de xaneiro de 2012). "Market for Films Signals Good, Not Great, Year for Sundance". The New York Times.Dargis, Manohla (27 de xaneiro de 2012). "Amazing Child, Typical Grown-Ups". The New York Times.Savali, Kirsten West (29 de xaneiro de 2012). "Straight Outta Compton: Ava Makes Black History At Sundance!". NewsOne. Polo seu traballo en Selma, DuVernay foi a primeira directora negra en ser candidata ao Globo de Ouro"Golden Globes: 'Selma's' Ava DuVernay Becomes First Black Woman to Receive Director Nomination". The Hollywood Reporter.Suskind, Alex (17 de decembro de 2014). "How Ava DuVernay struck a chord with Selma". The Guardian. e tamén foi a primeira directora negra en ter un filme candidato ao Óscar ao mellor filme.

Traxectoria Primeiros anos DuVernay naceu en Long Beach"Ava DuVernay". biography.com/A&E Television Networks. e creceu en Lynwood, California (preto de Compton) e graduouse en 1990 na High School Saint Joseph en Lakewood."SJ Alumna Receives A Golden Globe Nomination" . St. Joseph's High School. Na Universidade da California, nos Ánxeles (UCLA), estudou inglés e estudos afroamericanos.Wright, Bekah (1 de outubro de 2012). "Direct Action". UCLA Magazine.Traister, Rebecca (2016-09-19). "In Conversation: Ava DuVernay". New York Magazine.

Durante as súas vacacións de verán, viaxaba á casa de infancia do seu pai, Murray May (que non estaba lonxe de Selma, Alabama).Simon, Bob (8 de febreiro de 2015). "Where 'Selma' Meets Hollywood" (TV interview/segment). 60 Minutes. CBS News. DuVernay dixo que eses veráns influenciaran a creación de Selma, porque o seu pai vira a marcha de Selma a Montgomery cando neno.Edwards, Gavin (5 de xaneiro de 2015). "We Shall Overcome: Ava DuVernay on Making 'Selma'". Rolling Stone.

Carreira O seu primeiro interese foi no xornalismo, unha escolla influenciada por unha bolsa na CBS News, onde foi designada para axudar a cubrir o xuízo do asasinato de O. J. Simpson. Quedou desilusionada co xornalismo no entanto, e decidiu cambiar á publicidade e, eventualmente, abrir a súa propia empresa de relacións públicas, a Axencia DuVernay.Rickey, Carrie (2012-10-05). "She's a Graduate of an Unusual Film School". New York Times.Stewart, Alicia W. (25 de outubro de 2012). "Filmmaker Ava DuVernay uses a lens of legacy" . CNN.

Cinema DuVernay fixo súa estrea como directora de cinema en 2008 co documental This Is the Life, unha historia do movemento artístico Good Life Cafe nos Ánxeles. DuVernay comezou con documentais porque poden ser feitos cun orzamento menor que unha longametraxe, e podería aprender o negocio ao realizalos.Brown, Emma (11 de outubro de 2012). "In the Middle of Somewhere with Ava DuVernay and Emayatzy Corinealdi". Interview Magazine.

En 2011 estreouse a primeira longametraxe de ficción de DuVernay, I Will Follow, un drama protagonizado por Salli Richardson-Whitfield. A tía de DuVernay, Denise Sexton, foi a inspiración para o filme,"Middle of Nowhere – Writer/Director Ava DuVernay". Filmmaker Magazine. que lle custou a DuVernay 50 000 dólares e foi realizado en catorce días. Roger Ebert considerouno "un dos mellores filmes que vin sobre como chegar a un acordo coa morte dun ser querido".Ebert, Roger. "Ebert Presents review of I Will Follow" . Ebert Presents: At the Movies. I Will Follow participou na selección oficial da AFI Fest, Pan-African Film Festival, Urbanworld e no Festival Internacional de Cinema de Chicago.

No verán de 2011, DuVernay comezou a produción da súa segunda longametraxe, Middle of Nowhere. O filme foi adquirido pola AFFRM e Participant Medía no Festival de Cinema Sundance de 2012, onde participou na competición e recibiu o Premio á Mellor Dirección para DuVernay, a primeira muller afroamericana que o recibiu. DuVernay tamén gañou o Independent Spirit John Cassavetes Award polo seu traballo no filme.

A ESPN encargou a DuVernay producir e dirixir Venus Vs., un documental sobre a loita de Venus Williams polo premio en diñeiro para a súa serie de filmes Nine for IX, que se emitiu o 2 de xullo de 2013."Nine for IX: 'Venus Vs.'". ESPN.

En 2015, DuVernay estaba en consideración para dirixir e posibelmente coescribir o filme da Marvel Studios, Black Panther. Segundo se conta, a disputa estaba entre ela e Ryan Coogler, con Coogler conseguindo finalmente o traballo.

DuVernay foi encargada polo Museo Nacional Smithsonian de Historia e Cultura Afroamericana para crear un filme para a abertura do museo. August 28: A Day In The Life Of A People conta a historia a través dos eventos que aconteceron na mesma data, 28 de agosto. O filme de 22 minutos inclúe a Lupita Nyong'o, Don Cheadle, Regina King, David Oyelowo, Angela Bassett, Michael Ealy, Gugu Mbatha-Raw, André Holland e Glynn Turnman. Céntrase nos eventos que envolveron o asasinato de Emmett Till, o discurso do Dr. Martin Luther King, "Teño un soño", o furacán Katrina e a noite en que o entón senador Barack Obama aceptou o nomeamento demócrata para a presidencia en 2008.Davis, Rachaell (22 de setembro de 2016). "Why Is August 28 So Special To Black People? Ava DuVernay Reveals All In New NMAAHC Film". Essence. esquerda|miniatura|282x282px|Ava DuVernay, David Oyelowo e Colman Domingo promovendo o filme Selma en 2015. DuVernay dirixiu Selma, un filme cun orzamento de 20 millóns de dólares producido pola Plan B Entertainment, sobre Martin Luther King, Lyndon B. Johnson e as protestas de Selma a Montgomery en marzo de 1965. O filme foi lanzado en 25 de decembro de 2014 con aclamación da crítica.Jagernauth, Kevin (20 de xuño de 2014). "Ava DuVernay's 'Selma' Enters Oscar Race, Sets Christmas Day Release". Indiewire.

Houbo controversia significativa sobre Selma e a súa descrición das accións de Lyndon Johnson como retratado no filme.Chariton, Jordan (8 de xaneiro de 2015). "'Selma' Director Ava DuVernay 'Baffled' By LBJ Controversy (Video)". The Wrap.Schuessler, Jennifer (31 de decembro de 2014). "Depiction of Lyndon B. Johnson in 'Selma' Raises Hackles". The New York Times. O ex-asesor de política interna de Johnson, Joseph A. Califano, Jr., criticou a DuVernay por ignorar e falsificar a historia, e particularmente por suxerir que Johnson apoiara reticentemente os esforzos de King e que enviara o FBI para investigalo.Califano Jr., Joseph A. (26 de decembro de 2014). "The movie 'Selma' has a glaring flaw". The Washington Post.

O filme de DuVernay reescribiu a maioría do guión orixinal de Paul Webb, cunha maior énfase en King e as persoas de Selma como figuras centrais.Brody, Richard (29 de decembro de 2014). "The Crucial Lessons of Democracy in "Selma"". The New Yorker. En resposta ás críticas dos historiadores e dos medios que a acusaron de reescribir irresponsabelmente a historia para retratar a súa propia axenda, DuVernay sinalou que o filme non é "un documental, non son unha historiadora, son unha contadora de historias".Milliken, Mary (6 de xaneiro de 2015). "'Selma' director makes history before awards are bestowed" . Reuters.

Selma foi candidata ao mellor filme e mellor canción orixinal nos Óscar, mais non á mellor dirección. A falta de diversidade nas candidaturas aos Óscar 2014 foi un tema forte na prensa. Selma gañou o premio á mellor canción (Glory)."List of 87th Academy Award Winners" . ABC News. Associated Press DuVernay declarou que non tiña expectativas en ser nomeada para que a omisión a incomodase, mais ficou magoada porque non fose candidato o actor David Oyelowo. En canto á cuestión da diversidade racial nos premios, afirmou que os obstáculos para as persoas de cor seren representadas nos Óscar son sistémicos.Goodman, Amy (27 de xaneiro de 2015). "Selma Director Ava DuVernay on Hollywood's Lack of Diversity, Oscar Snub and #OscarsSoWhite Hashtag". Democracy Now!.

En xullo de 2016, o Festival de Cinema de Nova York fixo o anuncio sorpresa de que 13th, documental dirixido por DuVernay, abriría o festival. Até o anuncio non se fixera ningunha mención do filme pola directora nin por Netflix, o distribuidor do filme.Cox, Gordon (19 de xullo de 2016). "2016 New York Film Festival to Open With Ava DuVernay Documentary 'The 13th'". Variety.

Televisión DuVernay dirixiu o episodio 3.8 de Scandal titulado "Vermont is for Lovers, Too".Obenson, Tambay A. (12 de xullo de 2013). "Ava DuVernay Will Direct An Episode Of 'Scandal' Next Season" . Indiewire.

En 2015, DuVernay foi a produtora executiva e dirixiu o piloto para a serie da CBS, For Justice, protagonizada por Anika Noni Rose.Goldberg, Lesley (10 de marzo de 2015). "'Selma's' Ava DuVernay 'For Justice'". The Hollywood Reporter.

Ese mesmo ano, anunciou que estaba a crear e producir unha serie dramática, Queen Sugar, ao lado de Oprah Winfrey. O drama foi axustado para ser emitido na Oprah Winfrey Network.Andreeva, Nellie (2 de febreiro de 2015). "Oprah Winfrey To Co-Star In & Co-Create With 'Selma' Filmmaker Ava DuVernay 'Queen Sugar' OWN Drama Series". Deadline.com. En 2016, DuVernay anunciou que a actriz Rutina Wesley fora escollida para o papel principal.Slezak, Michael. "Rutina Wesley Lands Lead in OWN's Ava DuVernay Drama Queen Sugar" . A serie estreouse en 2016 con aclamación da crítica.Queen Sugar

Distribuidora En 2010 DuVernay creou AFFRM (African-American Film Festival Releasing Movement), a súa propia empresa para distribuír filmes feitos ou centrados en persoas negras. DuVernay refírese a AFFRM como "non tanto un negocio, senón un chamamento á acción".Cieply, Michael (7 de xaneiro de 2011). "Building an Alliance to Aid Films by Blacks". The New York Times.

Aínda que a construción de sólidas bases de negocios para os filmes é unha prioridade, DuVernay resalta que a forza motriz da organización é o activismo.Martin, Michael T.; DuVernay, Ava (1 de xaneiro de 2015). "Conversations with Ava DuVernay: "A Call to Action": Organizing Principles of an Activist Cinematic Practice". Black Camera. 6 (1): 57–91. ISSN 1947-4237.

En 2015 a empresa mudou o seu nome por ARRAY, prometendo un novo foco nas mulleres cineastas.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial Ava DuVernay en Makers: Women Who Make America

Categoría:Nados en Long Beach Categoría:Nados en 1972 Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Guionistas dos Estados Unidos de América Categoría:Alumnos da Universidade de California, Os Ánxeles Categoría:Estadounidenses de ascendencia africana Categoría:Estadounidenses de ascendencia francesa