Ambrusius Abdu (en , "Ambrwusywus Abdwu"), nado o 8 de xaneiro de 1821 e finado en 1876, foi un eclesiástico greco-melquita, vigairo patriarcal de Xerusalén, e padre conciliar no Concilio Vaticano Primeiro. Traxectoria Naceu o 8 de xaneiro de 1820/1821As fontes dan como data no 8 de xaneiro, variando entre 1820 e 1821. Por exemplo, ''La gerarchia cattolica... (1872) da 1820, mentres que o número de 1867 da 1821. en Alepo (entón centro do eyalet de Alepo, Imperio Otomán, hoxe Siria) nunha familia melquita distinguida, e estudou no Pontificio Colexio Urbaniano de Propaganda Fide entre 1840 e 1849. En 1850 foi ordenado sacerdote en Alepo polo patriarca Máximo III, e comezou o seu ministerio en Damasco.

Foi nomeado vigairo patriarcal de Xerusalén, recibindo a consagración episcopal o 1 de abril de 1860 de mans do patriarca Clemente I.

En 1864 foi nomeado vigairo patriarcal de Exipto e o Sudán.

O 15 de novembro de 1866 foi nomeado arcebispo de Sahla e Fursul, neste período exerceu tamén de substituto do vigairo patriarcal de Damasco. Durante o seu pontificado levou a cabo importantes esforzos por promover a educación entre os nenos e nenas da súa diocese. En 1869 foi condecorado coa Orde de Mecidiye otomá. Foi padre conciliar no Concilio Vaticano Primeiro.

O 25 de decembro de 1875 foi novamente nomeado vigairo patriarcal de Xerusalén. Finou no cargo en 1876.

Notas

Categoría:Nados en 1821 Categoría:Nados en Alepo Categoría:Finados en 1876 Categoría:Bispos católicos de Siria Categoría:Bispos católicos de Israel Categoría:Bispos católicos de Palestina Categoría:Bispos católicos de Exipto Categoría:Bispos católicos do Sudán Categoría:Bispos católicos do Líbano Categoría:Bispos da Igrexa católica greco-melquita Categoría:Participantes no Concilio Vaticano Primeiro Categoría:Bispos católicos do século XIX