Revue Numismatique, cabeceira herdeira da anterior Revue de la Numismatique Française, é unha revista científica francesa centrada no ámbito da numismática, fundada en 1835 por Louis de La Saussaye e Étienne Cartier, e actualmente vinculada organicamente á Sociedade Francesa de Numismática.A. D. (1842).

Historia

Fundación e evolución Desde os inicios do Renacemento, os príncipes e os humanistas amosaron interese pola numismática antiga e conformaron coleccións monetarias dentro dos seus gabinetes de antigüidades. No gabinete de Lois XIV, instalado inicialmente en Versalles e posteriormente en París, está a orixe do actual Gabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia. A partir do século XIX, ese interese esténdese ás moedas nacionais e aparece unha comunidade de afeccionados, ansiosos por poderen debater e comunicar as súas descubesrtas."Collectionneurs et numismates avant la Société". Société française de numismatique.

Neste contexto, en 1835 créase a Revue de la Numismatique Française, da man dalgúns membros da Sociedade Real dos Anticuarios de Francia e doutras sociedades arqueolóxicas tanto francesas como doutros países, e dirixida nesta primeira etapa por Louis de La Saussaye e Étienne Cartier. O seu primeiro número apareceu o ano seguinte, en 1836.Dumas, F. "La création de la Revue de la numismatique françoise à travers la correspondance de Saulcy". Revue Numismatique. 29. 1987. Páxinas 220-232.

O nacemento da revista foi, xa que logo, anterior ao da Sociedade Francesa de Numismática, xa que esta non se constituíu ata 1865.Wojan, F. (2014). Páxina 312. E non foi aínda ata case un século despois, en 1958, cando a revista pasou a depender organicamente da SFN, en condición de editora.Le Rider, G. et al. (1965). Páxinas 27-29.Lafaurie, J. (1986).

A Revue Numismatique hoxe Cada ano, a Sociedade publica un novo número de Revue Numismatique, e cada dez anos uns índices temáticos dos seus artigos, escritos polos máis prestixiosos investigadores tanto franceses como estranxeiros. As linguas admitidas nas colaboracións son, ademais do francés, o alemán, o inglés, o castelán e o italiano."Revue Numnismatique". En Forum Ancient Coins. Na súa publicación, a Société Française de Numismatique conta coa colaboración do Centre National de la Recherche Scientifique (CNRS).

Os ámbitos dos que se ocupa Revue Numismatique abranguen a numismática e a histoira monetraia e, accesoriamente, a arqueoloxía, a historia económica, a histoira da arte, a epigrafía, a sixilografía e a glíptica, todas elas nos seus aspectos máis relacionados co estudo das moedas, as medallas e os obxectos monetiformes. As seccións da revista organízanse consonte as divisións histórico-culturais tradicionais: numismática celta, grega, romana, bizantina, medieval, moderna, contemporánea e oriental; ademais doutras como as medallas, as fichas monetiformes, e a historia da disciplina numismática e das coleccións.

Da dirección e da administración da Revue encárgase un comité de dirección composto por catro directores, asistidos por dous secretarios de redacción, e un comité de administración constituído polo comité de dirección mais un número igual de membros do Consello de Administration da Société Française de Numismatique."Revue Numismatique". Société Française de Numismatique.Lafaurie, J. (1986) Listaxe de directores da revista Preséntanse por orde cronolóxica os membros das direccións colexiadas da Revue Numismatique desde o seu primeiro número ata a actualidade:"Directeurs et sécretaires de la Revue Numismatique 1836-1986". En Lafaurie, J. (1986). Páxina 47. Complétase a listaxe a partir de 1986 mediante o acceso a cada número a través de Persée. (1836-1855): E. Cartier e L. de La Saussaye. (1856-1877): J. de Witte e A. de Longpérier. (1883-1905): A. de Barthélemy, G. Schlumberger e E. Babelon. (1906-1923): J. A. Blanchet, G. Schlumberger e E. babelon. (1924-1929): J. A. Blanchet, G. Schlumberger e A. Dieudonné. (1930-1930): J. A. Blanchet, A. Dieudonné e M. Prou. (1931-1938): J. A. Blanchet e A. Dieudonné. (1939-1945): J. A Blanchet, A. Dieudonné e J. Babelon. (1945-1947): J. A. Blanchet, J. Babelon e P. le Gentilhomme. (1947-1956): J. A. Blanchet, J. Babelon e P. Prieur. (1957-1957): J. Babelon. (1958-1961): J. Babelon, P. Prieur e J. Lafaurie. (1962-1972): J. Babelon, J. Lafaurie, G. le Rider e J. Tricou. (1972-1973): J. Lafaurie, G. le Rider e J. Tricou. (1974-1975): J. Lafaurie, G. le Rider, J. Tricou e J-B Giard. (1976-1976): J. Tricou, J-B. Giard e H. Nicolet. (1977-1986): J-B. Giard, H. Nicolet e F. Dumas. (1987-1987): J. Lafaurie, J-B Giard, H Nicolet e F. Dumas. (1988-1991): J. Lafaurie, J-B. Giard, C. Morrisson, F. Dumas. (1992-1996): J-B. Giard, F. Dumas, C. Morrisson e M. Amandry. (1997-2003): F. Dumas, C. Morrisson, M. Amandry, O. Picard. (2005-2013): C. Morrisson, M. Amandry, O. Picard, M Bompaire. (2014-2014): F. Duyrat, C. Morrisson, M. Bompaire e O. Picard. (2015-____): F. Fuyrat, C. Grandjean, C. Morrisson, M Bompaire e A. Suspène.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Société française de numismatique Gabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia

Bibliografía

A. D. "Revue de la numismatique, dir. par MM. Cartier et de la Saussaye". En Bibliothèque de l'École des chartes. 1842. 3. Páxinas 290-294. Jabu, J. "La Société française de numismatique : des collectionneurs antiquaires aux chercheurs érudits". En Comptes rendus de l’Académie des Inscriptions & Belles-Lettres. Abril-xuño de 2015. Páxinas 849-866. Lafaurie, J. "La Revue Numismatique a 150 ans"". En Revue Numismatique. 1986. Páxinas 7-50. Le Rider, G. et al. "La Société française de numismatique : 1865-1965". En Revue Numismatique. 1965. Páxinas 15-29. Wojan, F. "Le cent cinquantième anniversaire de la Société française de Numismatique et les LVIII Journées numismatiques". En Bulletin de la Société française de numismatique. Nº 10. Decembro de 2014. Páxinas 311-314.

Ligazóns externas Espazo da Revue Numismatique na web da Société française de numismatique. Revue Numismatique (acceso aos números editados a partir de 1958).

Categoría:Revistas de numismática Categoría:Revistas de Francia Categoría:Revistas científicas Categoría:Sociedade Francesa de Numismática