Salvador José Zapata, nado en Guísamo (2000): "As escolas de americanos en Galicia: Proxectos e realizacións na comarca de Ferrolterra ". Cátedra: revista eumesa de estudios nº 7, ISSN 1133-9608, páx. 217-273. (Bergondo) o 24 de decembro de 1781Almanaque gallego, 1905 e finado na Habana o 21 de abril de 1854, foi un farmacéutico galego.Entrada "Salvador José Zapata", por Xosé Neira Vilas, na Gran Enciclopedia Galega. Traxectoria Emigrou a Cuba a comezos do século XIX e comezou a traballar de axudante nunha botica. Entre 1808 e 1812 estudou farmacia e acadou o título de mestre de farmacia, co que puido abrir o seu propio establecemento.

Co tempo acadou unha pequena fortuna e cando finou, no seu testamento deixou tódalas súas pertenzas para facer escolas na cidade da Habana para nenos pobres sen ningunha distinción. Así comezaron as Escolas Zapata.

O testamenteiro foi a Real Sociedad Económica de Amigos del País da Habana, que conseguiu que unha rúa levase o seu nome no seu recoñecemento e fixo un mausoleo no paseo central do cemiterio, obra do escultor Patricio Sirgado. A primeira Escuela Zapata foi inaugurada en 1873, e en 1876 impartíronse clases a adultos."Instituciones docentes públicas en Cuba durante la Colonia: el caso de la SEAP", no blog Segunda Zafra, setembro de 2016 .

Tamén o pintor Miguel Melero fixo un retrato del en 1879 que se atopa entre os das figuras ilustres de Cuba na que fora sede da sociedade, e que despois pasou a ser o Instituto de Literatura y Lingüística.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas "El Dr. D. Salvador José Zapata" en ''La Ilustración Gallega y Asturiana por José V. Triay, 20-11-1879. Biografía en Almanaque gallego, 1905 "El Dr. D. Salvador José Zapata" en Vida Gallega, polo 25 aniversario do seu falecemento, 30-04-1930.

Categoría:Nados en Bergondo Categoría:Nados en 1781 Categoría:Finados en 1854 Categoría:Farmacéuticos de Bergondo