miniatura|300x300px|Mapa cronolóxico mostrando o desenvolvemento do galego (Galician) e do portugués (Portuguese).

As diferenzas entre o galego e o portugués son diversas e atópanse tanto a nivel fonético coma morfo-sintático, ademais de na ortografía e o léxico. Unha parte destas é o resultado da castelanización do galego ao longo dos dous séculos en que foi marxinado como lingua culta, os chamados Séculos Escuros. Aínda que ambas teñen unha orixe común, actualmente hai opinións diversas sobre se deben ser consideradas ou non linguas separadas, existindo algúns lingüistas, tanto galegos coma portugueses, que consideran que se trata de variedades diferenciadas da mesma lingua, mentres que outros as consideran linguas distintas. As diferenzas As diferenzas danse basicamente a nivel fonético:

Inexistencia na maioría das falas galegas de sibilantes sonoras (z /z/, j /ʒ/ ) (aínda que existen nalgunhas zonas da Baixa Limia de OurenseLas consonantes fricativas de la lengua gallega, Figura 1 Mapa de los sistemas del seseo en la lengua gallega. (Fernández Rei 1991:193), do galego exterior e na fala de Estremadura.)cfr. páx 362, Entwistle, 1988 En galego non hai oposición entre vogais orais e nasais (aínda que están presentes nalgunhas zonas de fala galega da provincia de León) o galego nasaliza as vogais en contacto con nasal, pero iso non significa diferenciación fonolóxica.cfr. páx 361, Entwistle, 1988 O resto de diferenzas, son as mesmas atopadas nos dialectos portugueses setentrionais respecto do portugués estándar: pronuncia de ch como "tch", b/v pronunciados sempre xordos, pronuncia clara dos ditongos oi/ou (con alternancia segundo o padrón: loiro / louro), etc.cfr. pp. 361 e 362, Entwistle, 1988

O tratamento da nasalidade é variable nas falas galegas, con diferente evolución nos dialectos portugueses; así, as tres terminacións do galego-portugués:

-ão -am/-ã -om/-õ

dan lugar en portugués ao ditongo nasal -ão, mentres que en galego sufriron evolucións diversas:

-ão→ -án/-ao irmán (dialectalmente irmao) (= irmão) -ãa→ -á/-án irmá (dialectalmente irmán) (= irmã) -am→ -an/-a ra (dialectalmente ran), (= rã) -om→ -on razón

plurais: -ões→ -óns / -ós / -ois razóns, (dialectalmente razós e razois)

Nótese que existe flutuación entre o mantemento da nasalidade a través dunha monoptongación (irmão > irmán, en xeral, na área occidental), rematando en ene velar, ou o mantemento do ditongo mediante a desnasalización (irmão > irmao, en xeral no centro e a área oriental). Con todo, existen pequenas áreas onde aínda existen vogais e ditongos nasais (na área oriental).

En portugués alternan as terminacións tude (pulcritude, verosimilitude) e dão (escravidão, multidão), mentres que en galego se usa sempre a terminación tude (escravitude, multitude).

Outras diferenzas entre as variantes comúns non son aplicables á totalidade das falas: En galego existe o chamado ditongo indoeuropeo, ui ou oi que substituíu a ou tónica latina en portugués luso-brasileiro (subsiste, con todo, dialectalmente en Portugal).

Froito ou Fruito Loitar, loita ou 'Luitar, luita Escoitar ou EscuitarEstes ditongos son de tipo etimolóxico, fructu > fruito, luctare > luitar, auscultar > ascoltare > escoutar > escoitar > escuitar (análogo a multu > molto > mouto > moito > muito), a súa perda débese a relatinizacións modernas (séculos XVI-XVII), "luctar, "fructo", cando o "c-" deixouse de pronunciar. Un caso común ao galego e o portugués é "acto", orixinalmente actu > auto (auto-dá-fé), pero foi relatinizada a "ato".na norma do AO, "ato"

En galego consérvase o pronome arcaico che que se alterna coa forma te, dependendo de se se fai referencia a un obxecto/complemento directo ou indirecto. (Véxase tamén cheísmo e teísmo)

gal. Collerche as mans - Collerte a ti / port colher-te as mãos - colher-te a ti En portugués son máis comúns os verbos "pegar" e "segurar", segundo o contexto.

Tamén se conserva a forma de plural llelos (< lles+os), e non a forma común atopada en portugués (lhos). O galego tamén conserva grupos de pronomes enclíticos, debido á existencia dun "pronome de solidariedade" (gal. non cho teño / por. não to tenho, não tenho isso que queres).

Cambios nas conxugacións verbais. gal. Eu son / port. Eu sou gal. Vós sodes / port. Vós sois gal. Eles son / port. Eles são gal. Eles falaron / port. Eles falaram gal. Eu fun / port. Eu fui O galego nasaliza sistematicamente as primeiras persoas dos antepretéritos g. collin /p. colhi, g. estiven / p. estive, de aí, g. fun > fuin > fui)

Hai moitas diferenzas nos verbos irregulares e nalgúns verbos regulares (p. pus / g. puxen, p. perco / g. perdo, p. fez / g. fixo, p. odeiam / g. odian, p. viera / g. viñera, etc).

Nos pronomes enclíticos En portugués non se adiciona n despois das formas verbais acabadas en ditongo (p. tratou-o / g. tratouno).

Pronomes mesoclíticos en portugués No futuro e o condicional utilízanse pronomes mesoclíticos en portugués (p. estudá-lo-ia, comprar-nos-ão, comprar-vo-la-á / g. estudareino, hei estudalo ; comprarannos, hannos comprar ; comprarávola, hávola comprar).

Arcaísmos

A comparativa ca ([do] que), do latín qua > ca, vai seguida do pronome de dativo e non do pronome persoal: g. máis alto ca min / p. mais alto que eu.

Castelanismos en galego

Innumerables, sobre todo no vocabulario técnico ou exótico. Isto débese á situación de diglosia galego/castelán en Galicia.

Castelanismos en portugués

Certas palabras de orixe castelá foron introducidas ao portugués, mentres que a forma orixinal foi preservada en galego, así en portugués tense penha, repolho, castelhano, menino, fronte ás formas correspondentes ao galego pena, repolo, castelán, meniño. Outras, como primo, coinciden en portugués e castelán, conservándose en galego outra forma alternativa (neste caso, curmán, de co-irmán / co-irmão). Outros castelanismos en portugués son: alambre, fiambre, hombridade, ganadeiro, granizo, neblina, canhão, antanho, tejadilho.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Áreas lingüísticas do galego Reintegracionismo Real Academia Galega Academia Galega da Língua Portuguesa AGAL

Bibliografía

ENTWISTLE, William James. (1988) The Spanish Languages, together with portuguese, catalan and basque. Faber & Faber, Londres. Col. "The Great Languages". Traducido ao castelán como Las lenguas de España: castellano, catalán, vasco y gallego-portugués .'' Ed. AKAL.

Categoría:Lingua galega Categoría:Lingua portuguesa