Juan Francisco Outeiral Outeiral, nado en Boiro cara a 1897 e finado en Santiago de Compostela o 23 de febreiro de 1937, foi un político galego.

Traxectoria Transportista. Cuñado de Juan Somoza Rebollido. Militante socialista, en 1935 presidiu a agrupación local do PSOE. Foi concelleiro en Boiro logo do triunfo da Fronte Popular en febreiro de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituído o 21 de agosto. Detido meses despois, foi xulgado en Santiago de Compostela en consello de guerra e condenado a morte. Foi fusilado no cemiterio de Boisaca o 23 de febreiro de 1937 xunto co seu compañeiro de corporación Rodrigo Álvarez Gantes. Con eles tamén foron fusilados José Maceiras Vilasoa, Santiago Miranda Lapido, Ramón Lojo Agrelo, Bautista Torrado Rivadulla e Braulio Castro Gallardo.

Recoñecementos Foi homenaxeado polo Concello de Boiro no Día da Galiza Mártir de 2007.

Vida persoal Casou con Encarnación González Reino.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Concelleiros de Boiro Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Boiro Categoría:Finados en 1937 Categoría:Nados en 1897 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos