Adrián Sieiro Barreiro, nado en Pontevedra o 7 de decembro de 1992, é un deportista galego que compite en piragüismo na modalidade de augas tranquilas. Foi dúas veces campión do mundo no C4 500 metros (2022 e 2023) e dúas veces campión de Europa (2022 e 2025).
Traxectoria Membro do Piragüismo Poio Pescamar, en 2018 sumou xunto ao poiés Sergio Vallejo a súa primeira gran medalla internacional, o bronce do Campionato de Europa celebrado en Belgrado, na proba de C2 1000 metros.«Adrián Sieiro» en CanoeResults.eu . A pesar de gañar todos os selectivos nacionais entre 2017 e 2020 os problemas físicos de Vallejo deixaron á parella sen poder acudir aos Xogos Olímpicos de 2020 en Tokyo.
En 2022 proclamouse campión do mundo na proba de C4 500 m, xunto aos tamén galegos Manuel Fontán e Pablo Graña e o balear Joan Moreno, dúas semanas antes de proclamarse tamén campión europeo xunto a Joan Moreno no C2 500, no certame celebrado en Múnic. En 2023 xa nas filas do Nautico O Muíño de Ribadumia revalidou o ouro mundial no C4 500 metros, co mesmo equipo que na edición anterior sendo compañeiro de Manuel no mesmo club.
En 2024 disputou o Campionato de Europa na localidade húngara de Szeged, conseguindo o bronce no C2 200 metros, xunto a Manuel Fontán. Ese mesmo ano obtivo o bronce no Mundial de Samarcanda, na proba do C4 500 m mixto, no que participou xunto a Fontán, Valéria Oliveira e Viktoriia Yarchevska. En 2025 regresou do Europeo de Račice con dúas medallas: conseguiu a prata no C2 500 metros con Daniel Grijalba e proclamouse campión europeo do C4 500 m mixto, co propio Grijalba xunto a Àngels Moreno e María Corbera. Tamén ese ano proclamouse subcampión mundial do C4 500 m, xunto a Sieiro, Martín Jácome e Daniel Grijalba, rematando por detrás do equipo húngaro.
Palmarés internacional Campionato MundialAnoLugarMedallaCompetición2022 Dartmouth OuroC4 500 m2023 Duisburgo OuroC4 500 m2024 Samarcanda BronceC4 500 m mixto2025 Milán PrataC4 500 mCampionato EuropeoAnoLugarMedallaCompetición2018 Belgrado BronceC2 1000 m2022 Múnic OuroC2 500 m2024 Szeged BronceC2 200 m2025 Račice OuroC4 500 m mixto2025 Račice PrataC2 500 m
Notas
Categoría:Nados en 1992 Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Piragüistas de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes