Sikorsky Aircraft Corporation é un construtor aeronáutico estadounidense baseado en Stratford, Connecticut. Foi creada por Igor Sikorsky no ano 1923 e está entre as primeiras compañías en fabricar helicópteros para uso civil e militar. Foi propiedade de United Technologies Corporation (UTC) e en novembro de 2015 Sikorsky foi vendida a Lockheed Martin.
Historia O 23 de maio de 1923 Igor Sikorsky, un inmigrante nacido en Kíiv, fundou Sikorsky Aero Engineering Corporation preto de Roosevelt Field en Long Island. En 1925 o nome da compañía pasou a ser Sikorsky Manufacturing Company. En 1929 a empresa trasladouse a Stratford, Connecticut e converteuse en parte da United Aircraft and Transport Corporation (no presente United Technologies Corporation) en xullo dese ano.Spenser 1998
Nos Estados Unidos Igor Sikorsky concentrouse orixinalmente no desenvolvemento de avións multimotor e despois de aeronaves anfibias. A finais dos anos 30 as vendas baixaron e United Aircraft fusionou a súa división con Vought Aircraft. Sikorsky comezou a traballar desenvolvendo un helicóptero práctico. Despois do primeiro voo do VS-300 desenvolveu o Sikorsky R-4, o primeiro helicóptero estable dun único rotor totalmente controlable en ser producido a grande escala en 1942, sobre o que se basearon a meirande parte dos seus helicópteros posteriores.
Sikorsky Aircraft segue sendo un fabricante líder de helicópteros, producindo modelos tan coñecidos como o UH-60 Black Hawk e o SH-60 Seahawk, e aparellos experimentais como o Sikorsky S-72 X-Wing. Sikorsky foi o encargado de subministrar o helicóptero do Presidente dos Estados Unidos dende o ano 1957. Os Sikorsky VH-3 e VH-60 son os encargados de realizar ese rol no presente.
A compañía mercou Helicopter Support Inc. (HSI) no ano 1998. HSI encárgase do servizo post-venda para fora do mercado gobernamental estadounidense para pezas e reparacións da liña de produtos de Sikorsky.
United Technologies Corporation (UTC) mercou Schweizer Aircraft Corp. en 2004, que agora opera como unha subsidiaria de Sikorsky. A liña de produtos das dúas firmas son complementarias, xa que Sikorsky se concentra principalmente en helicópteros medios e grandes, mentres que Schweizer fabrica helicópteros pequenos, small helicopters, UAVs, planadores e avións lixeiros. O contrato con Schweizer foi asinado o 26 de agosto de 2004, exactamente unha semana despois da morte de Paul Schweizer, o fundador e propietario maioritario da compañía. A finais de 2005 Sikorsky completou a compra de Keystone Helicopter Corporation, situada en Coatesville, Pensilvania. Keystone facía o mantemento e completaba os Sikorsky S-76 e S-92 antes da venda.
En 2007 Sikorsky inaugurou Hawk Works, un centro de realización rápida de prototipos e derivados militares (RPMDCC) situado ao oeste do aeroporto rexional de Elmira-Corning en Big Flats, Nova York. Ese mesmo ano Sikorsky mercou a planta de PZL Mielec en Polonia. A planta está montando o S-70i para clientes internacionais.
En febreiro de 2009 creouse Sikorsky Global Helicopters como unidade de negocio de Sikorsky Aircraft centrada na construción e comercialización de helicópteros comerciais. A unidade de negocio combina os principais helicópteros civís producidos por Sikorsky Aircraft e o negocio de helicópteros de Schweizer Aircraft que Sikorsky mercara en 2004.
En 2011, Sikorsky despediu 400 traballadores na súa planta Hawk Works, e posteriormente en 2012 aos 570 traballadores restantes e pechou todas as instalacións da compañía no condado de Chemung, trasladando o traballo de aparellos militares ás súas intalacións de West Palm Beach, Florida. Os produtos comerciais se trasladaron ás súas instalacións en Coatesville, Pensilvania.
A principal planta e as oficinas administrativas de Sikorsky están en Stratford, Connecticut. Sikorsky ten outras instalacións en Trumbull, Shelton, e Bridgeport, Connecticut; Fort Worth, Texas; West Palm Beach, Florida; e Huntsville, e Troy, Alabama.
Adquisición No ano 2015 UTC considerou que Sikorsky rendía menos que as súas outras subsidiarias, e analizou unha posible escisión en vez dunha venda con grandes impostos.
O 20 de xullo de 2015 Lockheed Martin anunciou un acordo para mercarlle Sikorsky a UTC por 9 000 millóns de dólares. A aprobación final do goberno chinés chegou en novembro de 2015. O proceso de venda completouse o 6 de novembro dese mesmo ano.
Produtos miniatura|250x250px|Sikorsky S-32 miniatura|249x249px|Sikorsky S-40
Avións
Sikorsky S-29-A - biplano de carga bimotor. Sikorsky S-30 - bimotor nunca construído. Sikorsky S-31 - biplano monomotor. Sikorsky S-32 - biplano monomotor para dous pasaxeiros. Sikorsky S-33 - biplano monomotor. Sikorsky S-34 - prototipo de hidroavión bimotor. Sikorsky S-35 - prototipo de biplano trimotor. Sikorsky S-36 - hidroavión bimotor de 8 asentos. Sikorsky S-37 - biplano bimotor de 8 asentos. Sikorsky S-38 - hidroavión bimotor de 8 asentos. Sikorsky RS - hidroavión de transporte. Sikorsky S-39 - variante monomotor con 5 asentos do S-38. Sikorsky S-40 - hidroavión de catro motores para 28 pasaxeiros. Sikorsky S-41 - hidroavión bimotor. Sikorsky XP2S - prototipo de hidroavión de patrulla bimotor. Sikorsky S-42 - hidroavión de catro motores. Sikorsky S-43 - hidroavión bimotor. Sikorsky VS-44 - hidroavión de catro motores. Sikorsky S-45 - hidroavión de seis motores nunca construído.
miniatura|250x250px|Sikorsky R-4 miniatura|250x250px|Sikorsky S-76 miniatura|250x250px|Sikorsky CH-53K King Stallion
Helicópteros
Sikorsky R-4 Sikorsky H-5 Sikorsky R-6 Sikorsky S-52 Sikorsky H-19 Sikorsky CH-37 Sikorsky H-34 Sikorsky S-61 Sikorsky SH-3 Sikorsky CH-124 Sikorsky S-61R Sikorsky HH-52 Sikorsky S-64 Sikorsky CH-54 Sikorsky CH-53 Sikorsky S300 Sikorsky MH-53 Sikorsky UH-60 Sikorsky S-70 Sikorsky SH-60 Sikorsky HH-60 Sikorsky MH-60 Sikorsky S-76 Sikorsky CH-53E Sikorsky S-333 Sikorsky S-92 Sikorsky S-434 Sikorsky CH-148 Sikorsky CH-53K
Notas
Bibliografía Spenser, Jay P. "Sikorsky". Whirlybirds, A History of the U.S. Helicopter Pioneers. University of Washington Press, 1998. .
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina da compañía
Categoría:Construtores aeronáuticos Categoría:Empresas dos Estados Unidos de América