Manuel Allo Allo, nado en Freixeiro o 8 de setembro de 1933 e finado na Coruña o 2 de xullo de 2013, foi un sacerdote católico latino galego. Traxectoria
Licenciado en Dereito canónico pola Universidade de Navarra, foi ordenado sacerdote o 6 de abril de 1957. Foi coadxutor das parroquias de San Pedro de Mezonzo e de Santa Lucía, e en 1966 fundou a parroquia de Nosa Señora de Fátima, da que foi o primeiro párroco até o seu pasamento. Como párroco foi o creador da confraría de Nosa Señora das Angustias.
Finou o 2 de xullo de 2013, con 79 anos. O seu funeral foi celebrado polo arcebispo Julián Barrio na parroquia o 3 de xullo, e foi enterrado na súa parroquia natal.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Nados en 1933 Categoría:Nados en Santa Comba Categoría:Finados en 2013 Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia Categoría:Sacerdotes da Igrexa católica latina Categoría:Sacerdotes católicos do século XX Categoría:Sacerdotes católicos do século XXI Categoría:Alumnos da Universidade de Navarra Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes