Popayán, oficialmente Asunción de Popayán, é un concello colombiano, capital do departamento do Cauca. Atópase localizado no val de Pubenza, entre a Cordilleira Occidental e Central ó suroeste do país. A súa extensión territorial é de 512 km², a súa altitude media é de 1760 m sobre o nivel do mar, a súa precipitación media anual de 1.941 mm, a súa temperatura media de 14/19 °C e distancia aproximada de 600 km a Bogotá, capital de Colombia. Ten unha poboación de 284 949 habitantes (2018). É unha das cidades máis antigas e mellor conservadas de América, o que se ve reflectido na súa arquitectura e tradicións relixiosas, recoñecida pola súa arquitectura colonial e o coidado das fachadas. Popayán ten un dos meirandes Centros Históricos Coloniais do país e de América, cun total aproximado de 236 mazás de sector histórico.
No 2005, a UNESCO designou á cidade de Popayán como Cidade UNESCO da Gastronomía pola súa variedade e significado para o patrimonio intanxible dos colombianos. A cociña caucana foi escollida por manter os seus métodos tradicionais de preparación a través da tradición oral. O 28 de setembro de 2009 as Procesións de Semana Santa de Popayán foron declaradas pola UNESCO como Obra Mestra do Patrimonio Oral e Inmaterial da Humanidade.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Aragón, Arcesio (1941), Fastos Payaneses 1536-1936, Bogotá: Imprenta Nacional. Castrillón Arboleda, Diego (1994), Muros de Bronce - Popayán y sus estancias históricas, Cali: Feriva S.A. Díaz López, Zamira (1994). Oro, sociedad y economía. El sistema colonial en la Gobernación de Popayán 1533-1733. Bogotá: Banco de la República. Martínez Delgado, Luis (1959), Popayán, Ciudad Procera, Bogotá: Editorial Kelly.
Outrios artigos
Casa da Moeda de Popayán
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Cidades de Colombia Categoría:Concellos do Cauca