Evan Thomas Peters, nado en St. Louis o 20 de xaneiro de 1987 é un actor estadounidense. Alén de interpretar unha gran variedade de personaxes en filmes e series televisivas, é máis coñecido por participar na serie de FX, American Horror Story.
Eventualmente, e entre os seus roles máis salientables, interpretou a Pietro Maximoff/Quicksilver no filme X-Men: Days of Future Past e X-Men: Apocalypse, a Alex en Adult World; e en series como Phil of the Future e Invasión a Seth Wosmer e Jesse Varon, respectivamente. En 2004 fíxose acredor do premio á mellor actuación revelación no Phoenix Filme Festival, polo seu papel protagonista de Adam Sheppard en Clipping Adam.
Traxectoria Primeiros anos Evan Peters naceu o 20 de xaneiro de 1987 en St. Louis, Estados Unidos, fillo de Julie e Phil Peters, e irmán de Andrew e Michelle Peters. Durante a súa infancia e adolescencia, asistiu a unha escola primaria católica e á Grand Blanc High School. En 2001, a súa familia mudouse a Grand Blanc, Míchigan, onde Peters comezou a practicar o modelaxe e a tomar clases de actuación. Posteriormente trasladouse xunto á súa nai ós Ánxeles co fin de iniciar unha carreira como actor. Aínda así seguiu estudando na Burbank High School, aínda que despois comezaría a ser educado en casa.
Ó redor de 2004, o produtor Michael Picchiottino seleccionou a Peters para que protagonizase o filme Clipping Adam, baixo o papel de Adam Sheppard. Dita participación fíxoo acredor do premio a Mellor actuación revelación no Phoenix Filme Festival de 2004. Seguidamente, comezou a aparecer en comerciais para PlayStation, Papa John's Pizza, Kellogg's, entre outros. En xullo estreouse o filme Sleepover, onde interpretou a Russell Hayes; así como a serie de televisión The Days, onde fixo a Cooper Day. Durante a primeira tempada de Phil of the Future, realizou o personaxe de Seth Wosmer, e de Jesse Varon na serie de ciencia ficción Invasión.
Proxectos maiores e American Horror Story dereita|miniatura|211x211px|Peters durante a Convención Internacional de Cómics de San Diego de 2013. Entre 2007 e 2008, Peters cubriu diversos roles en filmes como An American Crime, Gardens of the Night e Never Back Down. Eventualmente, deu vida a Jack Daniels, un papel recorrente na serie de televisión de drama xuvenil One Tree Hill. Así mesmo, apareceu en múltiples programas como The Mentalist, House, The Office, Monk, entre outros. En 2010, personificou a Todd Haynes, un rol menor no filme Kick-Ass.
En 2011, Peters conseguiu un dos papeis protagonistas na primeira tempada da serie antolóxica de terror de FX American Horror Story, como o asasino sociópata adolescente, Tate Langdon. Para a segunda, terceira e cuarta tempada, Peters fixo a Kit Walker, Kyle Spencer e Jimmy Darling, respectivamente. Interpretar o primeiro destes, deulle un nomeamento aos Premios Satellite na categoría de Mellor actor nunha serie, miniserie ou filme de televisión. En abril de 2015, o creador da serie, Ryan Murphy, anunciou que Peters volvería para a quinta tempada da serie, Hotel, baixo o rol de James March. En 2016 interpretaría a Rory e como Edward Phillipe Mott en My Roanoke Nightmare. En 2017 volvio a American Horror Story na tempada Cult onde interpreto múltiples papeis.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Nados en 1987 Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América