Beno Udrih, nado o 5 de xullo de 1982 en Celje, é un ex xogador esloveno de baloncesto profesional. Cunha altura de 1,91 metros xogaba nas posicións de base e escolta.
Traxectoria profesional Udrih foi elixido na 28ª posición do Draft da NBA de 2004 polos San Antonio Spurs e asinou con eles un contrato de tres anos e 2.4 millóns de dólares. No seu ano coma rookie, foi elixido para xogar o Rookie Challenge do All-Star Weekend.
O 27 de outubro de 2007, Udrih foi traspasado ós Minnesota Timberwolves a cambio dunha elección da segunda rolda do Draft de 2008. Os Wolves o cortaron inmediatamente. Pouco máis tarde asinou cos Sacramento Kings.
O 23 de xuño de 2011, foi traspasado ós Milwaukee Bucks nun traspaso entre tres equipos que incluía tamén ós Kings e ós Charlotte Bobcats.
O 21 de febreiro de 2013, Udrih foi traspasado xunto a Tobias Harris, Doron Lamb ós Orlando Magic, a cambio de J. J. Redick, Gustavo Ayón e Ish Smith.
O 10 de novembro de 2015, Udrih foi traspasado xunto a Jarnell Stokes ós Miami Heat, a cambio de Mario Chalmers e James Ennis.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com Perfil en Euroleague.net
Categoría:Nados en 1982 Categoría:Nados en Celje Categoría:Xogadores de baloncesto de Eslovenia Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos San Antonio Spurs Categoría:Xogadores do KK Union Olimpija Categoría:Xogadores do Maccabi Tel Aviv BC Categoría:Xogadores do BC Avtodor Saratov Categoría:Xogadores do Olimpia Milano Categoría:Xogadores dos San Antonio Spurs Categoría:Xogadores dos Sacramento Kings Categoría:Xogadores dos Milwaukee Bucks Categoría:Xogadores dos Orlando Magic Categoría:Xogadores dos New York Knicks Categoría:Xogadores dos Memphis Grizzlies Categoría:Xogadores dos Miami Heat Categoría:Xogadores dos Detroit Pistons Categoría:Xogadores do BC Žalgiris Kaunas