Melinda Ann Gates DBE (de solteira French), nada en Dallas o 15 de agosto de 1964Texas Births, 1926–1995 . Familytreelegends.com; consultado o 29 de xuño de 2013. é unha filántropa estadounidenses, cofundadora da Bill & Melinda Gates Foundation. Traballou en Microsoft, onde foi project manager de Microsoft Bob, Encarta e Expedia.

Traxectoria miniatura|esquerda|Bill Gates e Melinda Gates en Oslo, xuño de 2009 Melinda Ann French naceu en Dallas (Texas) en 1964. É a segunda dos catro fillos de Raymond Joseph French Jr., enxeñeiro aerospacial, e Elaine Agnes Amerland, ama de casa. Melinda ten unha irmá máis vella e dous irmáns máis novos."Melinda Gates goes public (pg. 2)" , cnn.com, 7 de xaneiro de 2008.

Melinda, católica,"Melinda Gates: 'I'm a Catholic, but women need access to contraceptives'", Guardian.co.uk; consultado o 29 de xuño de 2013."Catholic Melinda Gates defies the Vatican over birth control funds" , independent.co.uk; consultado o 29 de xuño de 2013. estudou en St. Monica Catholic School, onde tivo o mellor expediente da súa promoción.

Melinda graduouse con honra da Ursuline Academy of Dallas en 1982. Recibiu un grao en ciencia da computación e economía da Duke University en 1986 e un MBA da Fuqua School of Business de Duke en 1987. En Duke, foi membro da fraternidade feminina de Kappa Alpha Theta, Beta Rho Chapter.

Pouco despois de graduarse da universidade uniuse a Microsoft e participou no desenvolvemento de moitos dos produtos multimedia da empresa, incluíndo Publisher, Microsoft Bob, Encarta e Expedia. Cando traballaba alí coñeceu a Bill Gates. Casaron en 1994 nunha cerimonia privada en Lanai, Hawai. Pouco despois, deixou Microsoft para centrarse na formación da súa familia. O seu último cargo foi o de General Manager of Information Products.

Gates foi membro do consello de administración da Universidade de Duke entre 1996 e 2003.Gates Joins Trustees , Fuqua.duke.edu; consultado o 29 de xuño de 2013. Asiste ademais ás conferencias do grupo Bilderberg e mantén un asento no cadro directivo da compañía de The Washington Post. Retirouse da xunta de Drugstore.com en agosto de 2006 para pasar máis tempo traballando para a Bill & Melinda Gates Foundation.

Ata 2014, Melinda e Bill Gates doaran 28 mil millóns de dólares á fundación.Bill Gates' philanthropy profile, forbes.com; consultado o 23 de abril de 2016.

Vida privada miniatura|Fachada da Bill & Melinda Gates Foundation en Seattle Melinda e Bill Gates teñen tres fillos: three children: Jennifer Katharine Gates (nada en 1996), Rory John Gates (nado en 1999) e Phoebe Adele Gates (nada en 2002). A familia reside nunha propiedade na beira do lago Washington preto de Seattle.

Traballo coas mulleres na tecnoloxía En setembro de 2016, Gates anunciou o seu desexo de traballar na falta de mulleres na tecnoloxía, dicindo:

Explicou que durante os seguintes dous anos estaría en "modo aprendizaxe" tralo que comezaría a dirixir o problema.

Tamén falou do tema como conferenciante na Grace Hopper Celebration o 4 de outubro de 2017. Na carta anual da Gates Foundation de 2016, indicou que as mulleres debería "pasar máis tempo facendo traballo pagado, comezando negocios ou contribuíndo de calquera xeito no benestar económico das sociedades arredor do mundo. O feito de que non poidan, contén as súas familias e as súas comunidades".

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Profile at the Bill & Melinda Gates Foundation Melinda Gates Goes Public , Fortune, 4 de xaneiro de 2008 Melinda Gates Philanthropic Profile , GiveSmart.org, novembro de 2012 Melinda Gates Vídeo producido por Makers: Women Who Make America

Categoría:Nados en Dallas, Texas Categoría:Nados en 1964 Categoría:Filántropos dos Estados Unidos de América Categoría:Medalla Presidencial da Liberdade