Susana Garrido Pombo, nada en Vigo o 16 de xaneiro de 1982, é unha cantante e compositora galega.

Traxectoria miniatura|Su Garrido en 2014 Criouse en Traspielas, no concello de Fornelos de Montes. As estancias coa súa avoa Leonora nesta parroquia marcaron a súa música.

O seu estilo musical abrangue diversos xéneros con matices de bossa, folk, jazz ou latín.Traballa en proxectos individuais e en proxectos colectivos. Ten unha ampla formación académica: Conservatorio Mayeusis (Vigo, guitarra), Universidade de Santiago de Compostela, (Historia da arte) Universidade de Salamanca (Musicoloxía), Universidade de Granada, (bolsa Seneca) Universidade de Florencia, (bolsa Erasmus).

Formou parte do grupo folk Lembranzas Galegas, do grupo Sonhos, do grupo TREME (con Margarida Mariño) e en 2018 de Son Trío coa pianista e compositora Katerina Linke e a cellista Susanna Blanco.

En 2018 gravou o seu primeiro disco en solitario Quedo a vivir aquí e presentouno con xiras en Galicia, Portugal e Irlanda. En decembro de 2022 saíu Patios de luz.

Recoñecemento

2007: 2º posto no concurso Internacional de música MAPFRE Vive para cumplirlo International Music Competition co tema "Linda" e 4º posto polo tema "Extraña María". 2007: 3º posto no concurso Gz Crea 2015: xunto con Margarida Mariño, 1º Premio no concurso Múusica Xove 15 ó mellor grupo xove galego. 2018: 1ª clasificada no Premio Narf outorgado pola área de Cultura da Deputación da Coruña. 2018: Son Trío, proposto para os Premios Martín Códax da música galega en Música clásica e contemporánea.

Obra Quedo a vivir aquí (2018.) Temas: "Ímola alboreando, Camiñan descalzas, Pecados, As bandeiras, Strange boat, As gueivotas, El 18 de julio, Quedo a vivir aquí, The long road home, As flores silvestres". Patios de luz (2022). Temas: "Nun patio de luz, Rúa do pracer, O outro lado, doce caseiro, Domingo, To let the light shine through, A arranca das patacas, O meu neno, A horta do Berbés". Traspielas (2025). Xunto con Macarena Montesinos (chelo), Iago Ramilo (saxo), Marco Maril (electrónica) e Fran Rodríguez Casal (visuais). A proposta celebra a memoria colectiva da parroquia de Traspielas.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Audio Spanish Singer Susana Garrido Pombo performs live Su Garrido Pombo. Quedo a vivir aquí. YouTube

Categoría:Cantantes de Galicia Categoría:Nados en 1982 Categoría:Nados en Vigo Categoría:Alumnos da Universidade de Salamanca Categoría:Alumnos da Universidade de Granada Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Cantantes en lingua galega