miniatura|260px|A Porta de Damasco en 2013.A Porta de Damasco (, , Sha'ar Sh'khem) é unha das principais entradas á cidade vella de Xerusalén. Está situada na muralla ao noroeste da cidade e conéctase cunha autoestrada ata Nablus, que segundo a Biblia hebrea coñecíase como Shechem ou Sichem, e desde alí, ata a capital de Siria, Damasco. Por isto o seu nome moderno é Porta de Damasco, mentres que en hebreo moderno o seu nome é Sha'ar Shkhem (), que significa Porta de Shechem, ou Porta de Nablus. En árabe un dos seus nomes é Bab al-Nasr () que significa "porta da vitoria," e Bab al-Amud () que significa "porta da columna". Este último nome, en uso continuado polo menos desde o século X, preserva a memoria da columna romana que se erixía sobre a praza que hai detrás da porta e que data do século II.

Descrición A Porta de Damasco está franqueada por dúas torres, cada unha delas equipadas cun matacán. A porta sitúase no límite dun bazar árabe e dun mercado no barrio musulmán da cidade vella. En contraste coa Porta de Iafa, onde as escaleiras ascenden cara á porta, na de Damasco as escaleiras descenden cara a ela. Ata 1967, a porta tiña unha torreta con crestería que quedou danada trala batalla por tomar o control da porta durante a guerra dos Seis Días. En agosto de 2011, Israel restaurou a torreta, incluíndo as seteiras, axudándose de imaxes de comezos do século XX tomadas durante o Mandato Británico.

miniatura|A porta da época romana situada debaixo da Porta de Damasco

Notas

Véxase tamén

Categoría:Portas das murallas de Xerusalén