miniatura|250px|Localización do municipio de Al-Shahaniya en Qatar.
Al Shahaniya (en árabe الشحانية ), tamén coñecido como Ash Shahaniya, é un municipio de Qatar.
Xeografía Situado no centro oeste do país, ocupa unha superficie de 3 299 km2. A súa poboación, no ano 2015, era de 187 571 habitantes, polo que a súa densidade de poboación, nese ano, era de 57 hab./km2
A súa capital é a cidade do mesmo nome, que en 2015 reunía á maior parte da poboación do concello, 138 509 habitantes. A cidade de Al Shahaniya é, polo tanto, o asentamento máis grande do municipio, e tamén do centro de Qatar.
Encóntrase a medio camiño entre Dukhan e a capital, Doha, e está situada xusto ao lado da autoestrada Dukhan. Como centro urbano, serve como lugar de reunión para os habitantes dos asentamentos rurais circundantes, como Rawdat Rashed e Al Khurayb. A maioría das actividades asócianse coas carreiras de dromedarios e de órices que se celebran en Qatar dentro do municipio. Historia Anteriormente formaba parte do municipio de Al Rayyan, pero desde 1988 é un concello independente, delimitándose pola Ley nº 22 dese ano. En 2014, o goberno aprobou unha disposición que modificaba algunahs disposicións da lei de 1988, configurando así a Al Shahaniya como o oitavo municipio en poboación de Qatar.
Notas
Categoría:Qatar