"Devorao" é unha canción da banda viguesa de rock Siniestro Total, editada como sinxelo do seu sétimo álbum En beneficio de todos en 1990. A súa cara b é o tema "Honky tonk men (Honky tonk women)", unha versión da canción dos Rolling Stones "Honky Tonk Women" con letra de Julián Hernández. Os dous temas foron gravados nos estudios Trak de Madrid por Eugenio Muñoz, que tamén se encargou da produción.
"Devorao" aparece tamén no álbum ao vivo Ante todo mucha calma, gravado na sala Arena de Valencia e publicado no ano 1992.
Listaxe de cancións "Devorao" (Miguel Costas) "Honky tonk men (Honky tonk women)" (versión dos Rolling Stones)
Notas
Categoría:Sinxelos de 1990 Categoría:Cancións de Siniestro Total Categoría:Sinxelos de grupos de Galicia