Bruna Patrizia Maria Teresa Romilda Lombardi,Conheça os nomes reais dos famosos Terra nada en São Paulo ou Río de Xaneiro o 1 de agosto de 1952, é unha actriz, modelo e escritora brasileira. Traxectoria Filla do fotógrafo e cineasta italiano Ugo Lombardi e da actriz turca Yvonne Sandner Lombardi, Bruna estudou no Colexio Dante Alighieri, e formouse en dúas facultades, FAAP e ESPM.]BRUNA LOMBARDI acceso o 17 de decembro de 2016
En 1967 comezou a traballar como modelo. A súa estrea na televisión foi en 1977, na telenovela Sem Lenço, sem Documento, de Mário Prata, pola Rede Globo. En 1978 foi para a TV Tupi para traballar na telenovela Aritana, onde coñeceu o actor Carlos Alberto Riccelli, o seu marido. Bruna volveu para a Rede Globo para actuar na miniserie Avenida Paulista, de 1982, escrita por Daniel Más e Leilah Assumpção, e, en 1983, interpretou Patrícia en Louco Amor, telenovela escrita por Gilberto Braga.
En 1985 actuou como Reinaldo Diadorim na miniserie Grande Sertão: Veredas, da Globo. En 1986 protagonizou a miniserie Memórias dun Gigolô e a telenovela Roda de Fogo.
En 2002 fixo a serie da Globo O Quinto dos Infernos como Branca Camargo.
En 2005 actuou como guionista e como actriz do filme Sob o Signo da Cidade, dirixido polo seu marido e rodado en São Paulo. No filme Stress, Orgasms, and Salvation, do mesmo ano, con dirección do Carlos Alberto Riccelli, Bruna actuou e asinou o guión.
Foi tamén presentadora do programa de entrevistas con personalidades Gente de Expressão, presentado nos domingos, ao final da noite, na Rede Manchete. No programa participaron como entrevistados grandes celebridades, tales como Mariah Carey, Dustin Hoffman, Jean-Claude Van Damme e Mel Brooks.
Posou para a revista Status, na edición de xuño de 1980, e para a Playboy (destaque na capa) en xaneiro de 1991.
Vida persoal Esta casada co actor Carlos Alberto Riccelli, con quen ten un fillo, Kim, nacido en 1981. A familia vive entre os Estados Unidos e São Paulo.
Carreira
Televisión AnoTítuloPersonaxeNotas1977Sem Lenço, sem DocumentoCarlaRede Globo1978AritanaDra. EstelaRede Tupi1980Um Homem Muito EspecialMarianaBand1982Avenida PaulistaAnamariaRede Globo1983Louco AmorPatrícia Dumont1985Grande Sertão: VeredasDiadorim1986Memórias de um GigolôLuRoda de FogoLúcia Brandão1992De Corpo e AlmaBetina Lopes Jordão1996O Fim do MundoGardênia1999Andando nas NuvensFrida2002O Quinto dos InfernosBranca Camargo2007MandrakeLenaHBO2017A Vida Secreta dos CasaisSofia Prado
Cinema AnoFilmePersonaxeNotas1978A Noite dos Duros1983O Cangaceiro TrapalhãoBruxa-fada Secabri / Raíña das Augas2002O PríncipeMaria Cristina2005Stress, Orgasms, and Salvation2006Brasília 18%Laura2007O Signo da CidadeTeca2011Onde Está a Felicidade?Teodora2016Amor em SampaAniz
Libros No Ritmo dessa Festa (poesía, 1976. Editora Três) Gaia (poesía, 1980. Editora Codecri) O Perigo do Dragão (poesía, 1984. Editora Record) Diário do Grande Sertão (rexistro poético das filmaxes, 1986. Editora Record) Apenas bons amigos (infantil, 1987. Editora Globo) Filmes Proibidos (narrativa, 1990. Companhia das Letras) Meu ódio será tua herança (narrativa, 2004. Guanabara Koogan) O Signo da Cidade (guión do filme, 2008. Imprensa Oficial de SP) Jogo da Felicidade (autoaxuda, 2015. Livraria Saraiva)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Escritores en lingua portuguesa Categoría:Escritores do Brasil Categoría:Brasileiros de ascendencia italiana Categoría:Modelos femininas do Brasil Categoría:Nados en 1952 Categoría:Nados en São Paulo