María Natalia Puente Prado, nada na Parte (Monforte de Lemos) e finada en 2012, foi unha farmacéutica e política galega.

Traxectoria Prima de Otilia Castiñeira Puente. Licenciada en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela en 1951. Foi farmacéutica de Bóveda até a súa xubilación en 1991. Elixida concelleira de Bóveda polo terzo de representación familiar en 1973,El Progreso, 25-11-1973, p, 3. foi alcaldesa de Bóveda dende 1976, a derradeira antes das eleccións municipais de 1979. Formou parte do consello político provincial de UCD en 1982.La Voz de Galicia, 4-4-1982, p. 31 Nas municipais de 1991 presentouse na lista da Converxencia Nacionalista Galega.La Voz de Galicia, 24-4-1931, p. 31 Finou en 2012.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Eleccións municipais en Bóveda

Categoría:Farmacéuticos de Galicia

Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela

Categoría:Alcaldes de Bóveda Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados en Monforte de Lemos Categoría:Finados en 2012 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes