Eulalia Vicenti Díez de Tejada, nada en Madrid en 1884 e finada en Porto en 1979 foi unha xornalista e política galega., José Antonio. Vicenti-Bradomín (Los secretos de alcoba del caballero seductor)
Traxectoria Nacida Eulalia Taboada Díez de Tejada, foi recoñecida como filla por Alfredo Vicenti á morte en 1906 de Luís Taboada, o seu pai biolóxico.
Durante a República militou en Acción Republicana, agrupación política progresista fundada en 1925 por Manuel Azaña. Foi secretaria do Comité de Relacións Exteriores da Liga Internacional de Mujeres Ibéricas e Hispanoamericanas (1932). Feminista, colaborou na prensa republicana defendendo os dereitos da muller, e escribiu ao xornal Luz solicitando a emisión dun selo postal coa imaxe de Concepción Arenal.http://hemerotecadigital.bne.es/issue.vm?id=0003509664&search=&lang=eshttp://hemerotecadigital.bne.es/issue.vm?id=0003510572&search=&lang=es Publicou artigos na revista Cultura integral y femenina, creada polas líderes do movemento feminista intelectual republicano, e que pretendía lograr a emancipación da muller a través da cultura e o coñecemento.http://hemerotecadigital.bne.es/details.vm?lang=es&q=id:0003733914
En xuño de 1936, tras a vitoria da Fronte Popular, Eulalia Vicenti formou parte xunto con Luisa Carnés, María Teresa León, Elena Fortún, Matilde Ras e outras intelectuais da época dunha homenaxe a Clara Campoamor pola consecución do voto feminino o 1 de outubro de 1931 e a defensa dos dereitos das mlljeres.
Notas
Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1884 Categoría:Finados en 1979 Categoría:Feministas de Galicia