A ácido caléndico (ou ácido α-caléndico) é un ácido graxo insaturado, nomeado pola planta Calendula officinalis (a maravalla ou caléndula), da cal se obtén. É quimicamente similar aos ácidos linoleicos conxugados, e os traballos de laboratorio indican que pode ter bioactividades similares in vitro.

Biosíntese

O ácido caléndico é un ácido graxo omega-6. aínda que non aparece ás veces nas listas de ácidos dese grupo. O ácido caléndico sintetízao a planta Calendula officinalis a partir de linoleato pola acción dunha pouco común Δ12-oleato desaturase (unha variante con FAD) que converte o enlace dobre cis na posición 9 nun sistema de enlace dobre trans,trans-conxugado. Describiuse tamén un isómero beta todo-trans. esquerda|miniatura|200px|O ácido caléndico procede da Calendula officinalis

Efectos

Comprobouse que o ácido caléndico era o ácido graxo responsable da redución no consumo de alimentos e mellora na utilizaciñón dos alimentos en ratos aos que se lles engadiu aceite de caléndula na súa dieta, como se demostrou en experimentos comparativos usando aceite de millo.US Patent 20050118208: Powder formulation comprising conjugated octadecapolyenic acids

Notas

Categoría:Ácidos graxos