O ácido nonanoico, tamén chamado ácido pelargónico, é un ácido carboxílico composto por nove carbonos coa fórmula estrutural CH3(CH2)7COOH. Os ésteres e sales do ácido nonanoico denomínanse nonanoatos. O ácido nonanoicos é un líquido oleoso claro de cheiro desgradable. É case insoluble en auga, pero moi soluble en cloroformo, éter e hexano. Úsase frecuentemente xunto co herbicida non selectivo glifosato para que este teña un efecto máis rápido no control das malas herbas en céspedes.

O seu índice de refracción é de 1,4322. O seu punto crítico é de 712 K (439 °C) e 2,35 MPa.

O nome de ácido pelargónico vén de que abunda no aceite de Pelargonium roseum, unha planta da familia dos xeranios.USDA Pelargonic acid

Distribución e uso

O ácido nonanoico é un ácido graxo pequeno que aparece na natureza en forma de ésteres no aceite de pelargonio. Os ésteres sintéticos, como o metil nonanoato, son utilizados como saborizantes.

Tamén se usa na preparación de plastificantes e lacas.

O seu derivado 4-nonanoilmorfolino é un ingrediente dalgúns sprays de pementa.

O sal amónico do ácido nonanoico, o nanoato amónico, é un herbicida.

Efectos farmacolóxicos potenciais

O ácido nonanoico pode ser máis potente que o ácido valpórico para tratar a epilepsia. Ademais, a diferenza do ácido valpórico, o ácido nonanoico non ten efecto sobre a inhibición de HDAC (histona desacetilase), o que suxire que é improbable que mostre teratoxenicidade asociada coa inhibición de HDAC.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas MSDS en affymetrix.com

Categoría:Ácidos graxos Categoría:Herbicidas