How Could Hell Be Any Worse? é o álbum de estrea da banda estadounidense de punk rock Bad Religion, publicado o 19 de xaneiro de 1982 a través do selo Epitaph Records. Editado case un ano despois do seu EP Bad Religion, foi financiado por un préstamo de 3 000 dólares do pai do guitarrista Brett Gurewitz. O seu éxito sorprendeu ao grupo cando vendeu 10 000 copias nun ano.
How Could Hell Be Any Worse? gravouse en dous períodos distintos no estudio Track Record Studios en North Hollywood, California, durante os meses de outubro e novembro de 1980 e despois en xaneiro de 1981. Despois das primeiras sesións de gravación o batería Jay Ziskrout deixou Bad Religion sendo substituído polo seu amigo e o roadie da banda Pete Finestone, que completou o resto do álbum. Aínda que non aparece acreditado como membro da banda, o futuro guitarrista Greg Hetson, que estaba en Circle Jerks nesa época, fixo o solo de guitarra en "Part III". How Could Hell Be Any Worse? foi tamén o último álbum de Bad Religion co baixista Jay Bentley en seis anos, ata o Suffer de 1988.
A fotografía da portada foi tomada por Edward Colver preto do Hollywood Bowl, mentres que a contraportada ten unha das ilustracións de Gustave Dore da Divina Comedia de Dante.
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:Álbums de Bad Religion Categoría:Álbums musicais de 1982 Categoría:Álbums de Epitaph Records