A Sociedade Galega de Terminoloxía (SGaT) é unha asociación sen ánimo de lucro formada por persoas interesadas na terminoloxía galega.

Historia O día 6 de outubro do ano 2004 diferentes investigadores, tradutores e especialistas en terminoloxía reuníronse en Santiago de Compostela, en dependencias do Consello da Cultura Galega para constituíren a Sociedade Galega de Terminoloxía.Créase a Sociedade Galega de Terminoloxía CCG, 13/10/2004. Consultada o 4 de outubro de 2018. Nesta reunión formounse unha Comisión Promotora, que convocou a todas as persoas interesadas a participar na súa primeira Asemblea Xeral, que tivo lugar o día 27 de xaneiro de 2005, ás 17.00 h, no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía da USC. Nesta xuntanza presentouse oficialmente a asociación e elixiuse a súa primeira Xunta Directiva, ao tempo que se debateron as liñas de traballo que a entidade desenvolverá no futuro.A Sociedade Galega de Terminoloxía convoca a súa primeira Asemblea Xeral CCG, 26/01/2005. Consultada o 4 de outubro de 2018.

Primeira Xunta Directiva Na antedita asemblea quedou constituída a primeira xunta directiva da SGaT, formada polas seguintes persoas: Presidenta: Iolanda Galanes Santos Sociedade Galega de Terminoloxía (SGaT) Xunta de Galicia. Consultada o 4 de outubro de 2018. Vicepresidente: Luís Daviña Facal Secretaria: Berta Castaño Torrado Tesoureira: Anxos Sobriño Pérez Vogal 1º: Ana Martínez Fernández Vogal 2º: José Ramóm Pichel Campos Vogal 3º: Salvador Pérez Froiz Vogal 4 º: Manuel Núñez Singala

O día 8 de xuño de 2005, a Sociedade Galega de Terminoloxía organizou un acto académico, na sede do Consello da Cultura Galega, no Pazo de Raxoi, para presentar as súas actividade para este ano, a súa páxina web e diverso material informativo. Neste acto pronunciou unha conferencia a presidenta da Asociación Española de Terminoloxía, Teresa Cabré, co título "Xestión terminolóxica das linguas minorizadas: presentación xeral e algúns apuntamentos sobre o galego".A Sociedade Galega de Terminoloxía inicia as súas actividades cunha conferencia de Mª Teresa Cabré CCG, 7/6/2005. Consultada o 4 de outubro de 2018.

O día 25 de abril de 2006 a profesora Rute Costa Vilhena, presidenta da Asociación Europea de Terminoloxía e da Associação Portuguesa de Terminologia, pronunciou, no Salón de Actos do Consello da Cultura Galega, a conferencia "A cooperación en terminoloxía no contexto internacional", acto organizado en colaboración co Consello da Cultura Galega.A terminóloga portuguesa Rute Costa fala en Santiago de cooperación internacional, en Vieiros.com.

Fins da sociedade A SGaT ten como obxectivos, entre outros, facilitar o coñecemento e a cohesión entre as persoas relacionadas coa terminoloxía en Galicia, promover accións formativas e propiciar o intercambio de información e coñecementos neste eido.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web da SGaT . Estatutos da SGaT. Xusto A. Rodríguez Río: "A modernización terminolóxica e o uso do galego en contextos científico-técnicos: o papel das universidades".

Categoría:Asociacións de Galicia Categoría:Sociedades científicas Categoría:Terminoloxía Categoría:Lingua galega