miniatura|200px|Gabriel García Márquez. miniatura|200px|Escultura de Álvaro Cunqueiro na coruñesa praza do Humor. O realismo máxico é un movemento literario e pictórico de mediados do século XX que se define pola súa preocupación estilística e o interese de mostrar o irreal ou estraño como algo cotián e común. Non é unha expresión literaria máxica, a súa finalidade non é suscitar emocións, se non, máis ben, expresalas, e é, sobre todas as cousas, unha actitude fronte á realidade.

O realismo máxico comparte características co realismo épico, como a pretensión de dar verosimilitude interna ao fantástico e irreal, a diferenza da actitude nihilista asumida orixinalmente polas vanguardas, como o surrealismo.

O termo foi creado por un crítico de arte, o alemán Franz Roh, para describir unha pintura que demostraba unha realidade alterada, e chegou ao idioma castelán coa tradución en 1925 do libro Realismo mágico (Revista de Occidente, 1925), que foi en gran medida influído polas obras surrealistas da escritora chilena María Luisa Bombal.María Luisa Bombal na Encyclopaedia Britannica. Máis tarde, en 1947, foi introducido na literatura hispanoamericana por Arturo Uslar Pietri no seu ensaio El cuento venezolano.Arturo Uslar Pietri, El cuento venezolano en 'Letras y hombres de Venezuela', Madrid, Editorial Mediterráneo (3ª edición, 1974). Sinala Uslar:

O termo, obviamente, pasou ao galego a través do castelán.

Entre os seus principais expoñentes na literatura en castelán están o uruguaio Horacio Quiroga, o guatemalteco Miguel Ángel Asturias, o peruano Mario Vargas Llosa e o colombiano Gabriel García Márquez, os tres últimos galardoados co Premio Nobel de Literatura.

É interesante citar aquí a opinión do mesmo Asturias:

Noutras literaturas destacan autores como o brasileiro Jorge Amado e o galego Álvaro Cunqueiro.

Notas

Categoría:Realismo máxico