O carriel é un tipo de bolso ou carteira de coiro de uso masculino na rexión paisa colombiana dende os tempos da Colonia. É unha peza de vestir distintiva dos señores antioqueños, totalmente exclusiva das zonas do departamento de Antioquia e a vella Caldas (no presente son os departamentos de Caldas, Risaralda e Quindío). Utilizouse amplamente para a supervivencia dos arrieiros, e unha das súas características é que adoita ter numerosos petos e compartimentos, algúns chamados "secretos".
O carriel foi de uso bastante popular cando Antioquia, (Colombia), era unha rexión maioritariamente agraria, pero o proceso de urbanización nacional fixo que o carriel quedase en certa maneira relegado ó uso campesiño. Porén, adquiriu cos anos un forte sentido de pertenza, simbólico - cultural, na rexión paisa de Colombia e na identidade histórica paisa.
Notas
Categoría:Cultura de Colombia