miniatura|333x333px|A culta e viaxeira Vibia Sabina foi sobriña neta do emperador Traxano e esposa do seu sucesor, Hadriano. A diferenza doutras emperatrices, representou un papel moi pequeno na política da corte e mantívose independente na vida privada ao non ter fillos, buscando a satisfacción emocional en asuntos do amor.Jasper Burns, "Sabina," in Great Women of Imperial Rome: Mothers and Wives of the Caesars (Routledge, 2007), páxs. 124–140. Na Roma antiga, as mulleres que nacían libres eran cidadás (cives),A forma de matrimonio romano chamada conubium, por exemplo, requiría que ambos os esposos fosen cidadáns; como os homes dos municipios romanos tiñan garantida a civitas sine suffragio, as mulleres (polo menos as elixíbeis para conubium) eran cidadás sen sufraxio. O status legal dunha nai como cidadá afectaba á cidadanía do seu fillo. Toda a cidadanía romana recoñecida como tal pola lei non tiñan os mesmo dereitos e privilexios, en particular no que respecta ao exercicio de altos cargos. Vésaxe A Casebook on Roman Family Law, e A.N. Sherwin-White, Roman Citizenship (Oxford University Press, 1979), páxs. 211 e 268 (sobre a cidadanía masculina no que se refire ao matrimonio de mulleres cidadás) et passim. ("nenos de dúas persoas con cidadanía romana") indica que que se consideraba que unha muller romana tiña a condición de cidadá, en contraste específico cun peregrina. aínda que non podían votar nin ocupar cargos públicos.Bruce W. Frier and Thomas A.J. McGinn, A Casebook on Roman Family Law (Oxford University Press: American Philological Association, 2004), páxs. 31–32, 457, et passim. Debido a este limitado papel público da muller na Roma antiga, os historiadores romanos mencionan con menos frecuencia as mulleres que os homes. Con todo, mentres que as mulleres romanas en xeral non tiñan ningún poder político directo, as de familias ricas e destacadas podían exercer (e de feito exercían) grande influencia a través da contorna privada.Kristina Milnor, "Women in Roman Historiography," in The Cambridge Companion to the Roman Historians (Cambridge University Press, 2009), páx. 278; Ann Ellis Hanson, "The Restructuring of Female Physiology at Rome," in Les écoles médicales à Rome: Actes du 2ème Colloque international sur les textes médicaux latins antiques, Lausanne, septembre 1986 (Université de Nantes, 1991), páx. 256. Entre as mulleres excepcionais que deixaron unha marca indelébel na historia están as semilendarias Lucrecia e Claudia Quinta, cuxas historias teñen un matiz mítico; as decididas mulleres republicanas como Cornelia, nai dos Gracos, e Fulvia, que comandou un exército e acuñou moedas coa súa imaxe; as mulleres da dinastía xulio-claudiana como Livia, a máis prominente, que contribuíu á formación dos costumes imperiais; e a emperatriz Helena(250–330 AD), unha forza motriz na propagación do cristianismo.A menos que se indique o contrario, este resumo introdutorio está baseado en Beryl Rawson, "Finding Roman Women," en A Companion to the Roman Republic (Blackwell, 2010), páx. 325.
Como sucede cos membros masculinos da sociedade, as mulleres da elite e os seus actos políticos significativos eclipsaron as mulleres de rango inferior nos rexistros históricos. As inscricións e sobre todo os epitafios documentan os nomes dun gran número de mulleres ao ancho do Imperio romano, pero non nos din moito máis delas. Algunhas instantáneas da vida diaria preserváronse nos xéneros literarios latinos como o teatro, a sátira ou a poesía, en especial nos poemas de Catulo e Ovidio que ofrecen vívidos escintileos das mulleres romanas nos comedores e toucadores, nos eventos deportivos e teatrais, de compras, maquillándose, practicando a maxia, preocupadas polo embarazo —con todo, todo visto a través de ollos masculinos—.Kelly Olson, "The Appearance of the Young Roman Girl," en Roman Dress and the Fabrics of Roman Culture (University of Toronto Press, 2008), páx. 139. As cartas de Cicerón, por exemplo, revelan de maneira informal como o autoproclamado grande home interactuou de portas para dentro coa súa esposa Terencia e a súa filla Tulia, do mesmo xeito que os seus discursos demostran con menosprezo as varias vías polas que podían gozar as romanas dunha libre vida sexual e social.Para a difamación da notoria Clodia; véxase Pro Caelio.
O único papel público principal reservado exclusivamente ás mulleres foi no ámbito relixioso: o sacerdocio das vestais. Libres de calquera obriga matrimonial ou de ter fillos, as vestais dedicábanse ao estudo e a correcta observación dos ritos considerados necesarios para a seguridade e supervivencia de Roma, e que non podían ser realizados polos colexios masculinos de sacerdotes.Para unha visión extensa e moderna das vestais, véxase Ariadne Staples, From Good Goddess to Vestal Virgins: Sex and Category in Roman Religion (Routledge, 1998).
Infancia e mocidade esquerda|miniatura|251x251px|Nenas romanas xogando.
A infancia e a educación na Roma antiga estaban determinadas polo status social, a riqueza e o xénero. Os nenos romanos xogaban a unha serie de xogos, e os seus xoguetes son coñecidos pola arqueoloxía e as fontes literarias. As figuras de animais eran populares, e algúns nenos tiñan animais vivos e paxaros como mascotas.Beryl Rawson, Children and Childhood in Roman Italy (Oxford University Press, 2003), páxs. 129–130. Na arte, as nenas están representadas xogando aos mesmos xogos que os nenos: á pelota, ao aro, á chuca. Ás veces atópanse bonecas nas tumbas daquelas nenas que morreron antes de alcanzar a idade adulta. Estas bonecas teñen un tamaño de entre 15 e 16 cm, brazos e pernas articulados e están fabricadas con madeira, terracota e, especialmente, con óso e marfil. Cando as nenas chegaban á maioría de idade, dedicaban as súas bonecas a Diana, a deusa máis relacionada coa infancia das nenas, ou a Venus, cando se estaban preparando para o matrimonio.Rawson, Children and Childhood in Roman Italy, páx. 128, citando a Persius 2.70 e o scholion relacionado, e páx. 48 sobre Diana. Rome carecía dos elaborados ritos da puberdade que se practicaban na Grecia antiga (páx. 145). Sábese que as nenas nobres casaban aos 12 anos,Beryl Rawson, "The Roman Family in Italy" (Oxford University Press, 1999), páx. 21., mentres que as mulleres das clases baixas tiñan máis probabilidade de casar un pouco máis tarde, na adolescencia.Judith P. Hallett, Fathers and Daughters in Roman Society: Women and the Elite Family (Princeton University Press, 1984), 142.Lauren, Caldwell, "Roman Girlhood and the Fashioning of Femininity" (Cambridge University Press, 2014), páxs. 3–4. Un exemplo da idade de casamento das mulleres nobre pódese ver co amigo de Cicerón, Atticus, que casou a súa filla Caecilia Attica con Marcus Vipsanius Agrippa cando ela tiña catorce anos.
miniatura|300x300px|Estatua de bronce do século I que representa a unha muller lendo. Esperábase que as nenas salvagardasen a súa castidade, recato e reputación, como preparación para un eventual matrimonio.Caldwell, "Roman Girlhood and the Fashioning of Femininity", páx. 16. A lixeira regulación do matrimonio pola lei con respecto á idade mínima (12 anos) e o consentimento para o matrimonio foi deseñada para deixarlles as familias, principalmente aos pais, moita liberdade para casar as fillas cando e con quen eles considerasen conveniente. O matrimonio facilitaba a asociación entre o pai e os futuro esposos e permitiu a formación dunha alianza mutuamente beneficiosa con incentivos políticos e ecnómico basicamente.Caldwell, "Roman Girlhood and the Fashioning of Femininity", páxs. 106–107. O réxime social, orientado ao matrimonio precoz e aplicado a través da crianza e educación das nenas e nenos, era particularmente restritivo para as nenas. Polo menos algunhas nenas foron a unha escola primaria pública, aínda que quizais eran moitas as que ían, hai probas que suxiren que a educación das nenas se limitaba a este nivel da escola primaria. Inferiuse que a titoría escolar individual das nenas no fogar debíase á preocupación polas ameazas ao recato das nenas nas aulas mixtas.Caldwell, "Roman Girlhood and the Fashioning of Femininity", páx. 18. Dos escritos de Ovidio e Marcial dedúcese que nenos e nenas eran educados todos xuntos ou de forma similar e Livio dá por sentado que a filla dun centurión podía ir á escola.Rawson, Children and Childhood in Roman Italy, páxs. 197–198 Porén, moitos outros historiadores e filósofos, como Epicteto suxiren que o sistema educativo, particularmente a formación retórica, estaba preocupada polo desenvolvemento da virtude masculina; cos adolescentes varóns realizando exercicios escolares en público falando sobre os valores romanos.Caldwell, "Roman Girlhood and the Fashioning of Femininity", páx. 17.
Tanto nenas como nenos aprendían a comportarse socialmente asistindo a ceas e outros eventos menos elitistas. Ambos os xéneros participaban nas festas relixiosas, por exemplo, nos Xogos Seculares do ano 17 a. C., o Carmen Saeculare foi cantado por un coro de nenas e nenos.Rawson, Children and Childhood in Roman Italy, páx. 198. Os nenos convertíanse en adultos virtuosos a través do ensino, aprendían preceptos morais, linguaxe, literatura e filosofía. Ás nenas e aos nenos da elite ensinábaselles tanto grego como latín desde moi pequenos.Janine Assa, The Great Roman Ladies (New York, 1960), páx. 50.
Entre as clases altas, as mulleres, segundo certas fontes, recibiron unha boa educación (para algunhas foi excelente) e, en ocasións, foron eloxiadas polos historiadores pola súa educación e cultura.Beryl Rawson, "The Roman Family," in The Family in Ancient Rome: New Perspectives (Cornell University Press, 1986), páxs. 30, 40–41. Algunhas mulleres foron prominentes na sociedade e incluso relativamente independentes.Caldwell, "Roman Girlhood and the Fashioning of Femininity", páx. 2. Cornelia, a moza esposa de Pompeio no momento da súa morte, distinguiuse pola súa arte musical e os seus coñecementos de xeometría, literatura e filosofía.Plutarch, Life of Pompey 55 LacusCurtius edition. Este grao de aprendizaxe indica unha preparación formal, porén, entre as clases máis baixas a educación era limitada e estaba fundamentalmente orientada cara ao matrimonio e o desempeño das tarefas da muller dentro do fogar.Sandra R. Joshel, Sheila Murnaghan, "Women and Slaves in Greco-Roman Culture" (Routledge; New edition 2001), páx. 86. As familias da elite investiron diñeiro na formación literaria e de virtudes das súas fillas para dotalas de aptitudes que resultasen atractivas aos futuros esposos. Epicteto suxire que á idade de 14 anos considerábase que as nenas estaban ao bordo da feminidade e comezaban a comprender a inevitabilidade do seu futuro papel como esposas. Aprenderon a modestia a través da instrución e a educación explícita.Caldwell, "Roman Girlhood and the Fashioning of Femininity", páxs. 15–16.