Mandril e donicela (en ) é unha serie de televisión estadounidense creada por David Feiss para Cartoon Network, no estudio de Hanna-Barbera, sendo o cuarto dos Cartoon Cartoons. A serie céntrase na personaxe de I. M. Weasel, un intelixente, adorada e exitosa donicela, e I. R. Baboon, un parvo e perdedor mandril que sente envexa do éxito de donicela e constantemente tenta amolalo, mais sen conseguilo.

Orixinalmente formou parte da serie Vaca e polo entre 1997 e 1999, sendo estreado normalmnete como o terceiro segmento dun episodio (agás nunha ocasión na que foi emitido entre os dous segmentos de Vaca e polo). Eventualmente, Mandril e donicela converteuse nunha serie de seu, que se emitiu entre o 10 de xuño de 1999 e comezos de 2000. Conta cun total de 79 episodios producidos, incluíndo aqueles creados como parte de Vaca e polo.

Estreouse en galego a través da TVG no espazo infantil e xuvenil Xabarín Club.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Xabarín Club

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 1997 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2000 Categoría:Xabarín Club Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Series de televisión con versión galega