O groove metal (tamén coñecido como post-thrash ou neo-thrash) é un subxénero da música heavy metal. Os xornalistas musicais e seareiros usan o termo para definir a bandas como Pantera, Exhorder e Machine Head. O groove metal colle a intensidade e cualidades sónicas do thrash metal e interprétaas a tempos medios, coa meirande parte das bandas facendo só ocasionais incursións cara tempos rápidos.
Características e orixe miniatura|250px|Membros de Pantera Pantera's O álbum Cowboys from Hell (1990) de Pantera foi descrito como "innovador" e "definidor dos planos" para o xénero groove metal. A banda King's X foi chamada a proxenitora do xénero e o seu álbum de estrea de 1988 Out of the Silent Planet adoita a ser citado como unha das maiores influencias do groove metal. Ian Christe lle atribúe ao Chaos A.D. de Sepultura e a Pantera o crear a música groove metal derivada do death metal, influenciando a posteriores grupos do xénero durante os anos 90. A estrea de Exhorder, Slaughter in the Vatican, tamén está considerado un dos primeiros álbums de groove metal, sendo publicado en 1990. Os grupos de groove metal incorporaron tamén thrash metal e crossover thrash. Tommy Victor de Prong afirma que a actitude do groove metal procede de Bad Brains.
Grupos O estilo asociouse a bandas como Machine Head, Pantera, Exhorder, White Zombie, Fear Factory, King's X, Lamb of God, Sepultura, Soulfly, Cavalera Conspiracy, Gojira, Throwdown, Alien Weaponry, Nevermore, Byzantine, o último período da era Bush de Anthrax, Spiritual Beggars, Texas Hippie Coalition e Five Finger Death Punch. A veterana banda de thrash Annihilator deixouse levar por Roadrunner Records en 1993, cando a tendencia groove metal comezou a ser promovida polo selo. Durante os anos 90 o termo foi ocasionalmente usado para describir a bandas de metal alternativo con influencias funk como Primus e Jane's Addiction.
Influencia noutros xéneros Bandas pioneiras do groove metal como Pantera (orixinalmente un grupo de glam metal e speed metal nos 80) e Sepultura (orixinalmente tocando thrash metal e death metal) sentaron as bases para o nu metal nos 90 e algúns desenvolvementos do metalcore nos 2000. O nu metal é un subxénero do metal alternativo que utiliza riffs con afinacións máis baixas, un compás máis influenciado polo hip hop accesible para rapear e facer turntablism, e ritmos groove metal, carecendo normalmente de solos de guitarra e arranxos complexos. O metalcore enfatiza as características xerais do heavy metal ademais dos breakdowns, que son pasaxes máis lentos e intensos que conducen ao moshing.
Notas
Categoría:Subxéneros do heavy metal