Zamná, tamén chamado trala súa deificación: Itzamná (en maia: Itzamná, ‘casa do resío’‘itz, resío; ah, de/persoa que se ocupa de; naah, casa’)?, foi nun principio un gran sacerdote maia chegado cos chanes de Bacalar (despois chamados itzáes) para fundar e estabelecerse en Chichén Itzá, contra o ano 525 d. C., "durante a primeira baixada, ou baixada pequena do oriente, que mencionan as crónicas".Historia del Descubrimiento y Conquista de Yucatán. Reseña de la Historia Antigua de Yucatán Juan Francisco Molina Solís. Mérida, Iucatán. 1896 (Reeditada en 1943 e prologada por Antonio Mediz Bolio)

Aí, en Chichén Itzá, asentando os chanes a sede do seu goberno, viviu Zamná un tempo e ensinou as súas doutrinas. Home sabio que "puxo nome ás paraxes e terras, sitios e promontorios do Mayab, hoxe o Iucatán", e inventou os primeiros caracteres que serviron de letras ós nativos da rexión. Este sacerdote recibiu así mesmo o nome de Lakin-Chan que en lingua maia quere dicir "o sacerdote Chan, que veu do oriente". A importancia de Zamná como fecundo creador da cultura maia derivou da súa chegada a Chichén Itzá na época da súa fundación.

A influencia de Zamná seguiu a ruta dos chanes cara ó poñente quen, no seu traxecto pola península, fundaron outras cidades populosas, hoxe importantes, como Ek Balam, Izamal, Motul e T'Hó, que se situou onde está a actual Mérida, fundada polos españois durante o proceso da conquista do Iucatán.Op. cit. Juan Francisco Molina Solís, quen cita á súa vez, para esta afirmación, a Diego López de Cogolludo, (Historia de Yucatán, Madrid 1688)

Deificación Transcorrido o tempo, acrecentado o seu prestixio e engrandecida a súa fama, Zamná foi elevado a deidade no panteón maia. Así, Itzamná deus, segundo Eric S. Thompson, no seu libro Historia y Religión de los Mayas, está vinculado coa faciana do sol e coa choiva, por tanto coa agricultura. Tradicionalmente a Itzamná considéraselle fillo de Hunab Ku, Deus único, e entre as atribucións que se lle dan está o ser deidade da medicina e da agricultura, ademais de ser "O señor dos ceos, da noite e do día".

Galería

Notas

Categoría:Deuses maias Categoría:Deuses creadores Categoría:Deuses da caza Categoría:Deuses do ceo e do clima Categoría:Deuses da saúde Categoría:Deuses do coñecemento Categoría:Deuses da agricultura