miniatura|Tritetartimorion de Olimpia, do ano 360 a. de C. O tetartemorion (en grego: τεταρτημόριον -tetartēmorion-; de tetartē, "cuarta", e morion, "fracción") era unha moeda da Antiga Grecia cuñada en prata, cuxo valor era igual á cuarta parte dun óbolo ou a vinte e catroava parte do dracma.Alfaro Asins et al. (2009). "Tetartemorion"."Tetartemorion". En Merriam-Webster Dictionary.
O seu peso segundo o padrón monetario ateniense era de entre 0,15 e 0,18 gramos.Amandry (2001). "Tétartèmorion"."Tetartemorion ". En Algunos tipos de monedas antiguas. www.tesorillo.comVico Belmonte, A. (2006). Páxina 209.
A súa emisión producíase só en moi contadas ocasións, en parte debido ao reducido do seu tamaño, o que dificultaba a súa fabricación e facilitaba a súa perda durante o uso.
A súa tipoloxía habitual en Atenas consistía na cabeza de Atena nos anversos e unha lúa crecente nos reversos, aínda que se emitiu tamén noutras áreas de influencia grega, con diversos motivos nas súas faces.Corfù, N. A. "The Tetartemorion, the smallest pre-Hellenistic silver-coin". En Proceedings. XV International Numismatic Congress Taormina 2015. Páxina 339. Roma. ISBN 978-88-94820-31-7 Á parte dos atenienses, coñécense principalmente exemplares de Colofón, Exina, Elis, Texea, Argos e Sición."Tartemorion" e "Tetartemorion". En Frey, A. R. (1916). Páxinas 237 e 239.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Moeda da Antiga Grecia Óbolo
Bibliografía Alfaro Asins, C. et al. Diccionario de numismática. Ministerio de Cultura. Madrid, 2009. ISBN 978-84-8181-405-7 Amandry, M. (dir). Dictionaire de Numismatique. París, 2001. ISBN 2-03-505076-6 Frey, A. R. A Dictionary of Numismatic Names. Nova York, 1917. Vico Belmonte, A. Monedas Griegas. Real Academia de la Historia. Madrid, 2006. ISBN 84-95983-71-0
Ligazóns externas
"Tetartemorion. Moneda de plata ". Museu Comarcal de Cervera (fotografía e descrición dun obxecto exposto no museo)
Categoría:Moedas da Antiga Grecia Categoría:Moedas fóra de curso Categoría:Moedas de prata