Para outros usos do termo óbolo véxase Óbolo (homónimos). miniatura|Pseudomoeda de ouro utilizada como óbolo de Caronte, atopada nun enterramento Óbolo de Caronte é unha expresión relativa a unha moeda colocada dentro ou sobre a boca dos defuntos antes do seu soterramento, en diversas culturas da Antigüidade.Stevens, S. T. (1991). Páxinas 215-229.

Fontes e extensión da tradición miniatura|Óbolo ateniense cuñado ca. 454-404 a. de C., coa efixie de Atena e o moucho As fontes literarias gregas e romanas especifican que a moeda utilizada para este labor era un óbolo, e explícano como un pagamento a Caronte, o barqueiro que conducía as almas a través do río que dividía o mundo dos vivos do mundo dos mortos. Os achados arqueolóxicos destas moedas, que finalmente corresponden a diversas denominacións (non só óbolos), foron considerados como "os obxectos funerarios máis sobranceiros da Antigüidade".Morris, Ian. (1992). Páxina 106.

Este costume asóciase primariamente asociado cos antigos gregos e romanos, aínda que tamén se constata a súa existencia no Oriente Próximo. Na Europa Occidental, tamén se deu un uso similar de moedas en enterros en rexións habitadas por celtas das culturas gala, hispana e británicas e entre os pobos xermánicos da Antigüidade tardía e o comezo da era cristiá, con exemplos esporádicos mesmo nos comezos do século XX.

Aínda que a arqueoloxía teña demostrado que o mito reflicte un costume real, a colocación de moedas cos mortos non era específica nin estaba limitada a unha única moeda na boca do falecido.Grabka, G. "Christian Viaticum: A Study of Its Cultural Background". En Traditio 9 (1953). Páxinas 1-43. En moitos túmulos, taboíñas con follas de metal inscritas ou cruces de papel dourado substituíron a moeda nos comezos da era cristiá. Por outra banda, a presenza de acumulacións de moedas en barcos funerarios xermánicos suxire un concepto análogo.

A frase "óbolo de Caronte" no sentido en que se utiliza na arqueoloxía pode entenderse ás veces en referencia a un rito relixioso particular, aínda que en xeral se trata da idea de que os bens funerarios favorecen a pasaxe do defunto á outra vida.Morris, I. (1992). Páxina 106.Grinder-Hansen, K. "Charon’s Fee in Ancient Greece?". En Acta Hyperborea 3 (1991). Páxina 215. En latín, a alusión ao óbolo de Caronte se realiza ás veces coa palabra viaticum; é dicir, "sustento para a xornada". A colocación da moeda sobre a boca tamén se ten explicado como un selo para protexer a alma do defunto ou evitar seu retorno.

Terminoloxía miniatura|Caronte recibindo un cativo (deseño baseado na escena dun lécito (vaso grego)Descrito por Arthur Fairbanks en Athenian Lekythoi with Outline Drawing in Matt Color on a White Ground. Macmillan, 1914. Páxina 85 online. A moeda de Caronte correspóndese habitualmente na literatura co óbolo (en grego: ὀβολός -obolós-), unha das denominacións básicas do sistema monetario da Antiga Grecia, que valía un sexto do dracma e que, en función do padrón utilizado, podía ser de prata ou de cobre.Schuman, V. B. "The Seven-Obol Drachma of Roman Egypt". En Classical Philology 47 (1952). Páxinas 214-218.Vickers, M. "Golden Greece: Relative Values, Minae, and Temple Inventories". En American Journal of Archaeology 94 (1990). Páxina 613; notas 4 e 6. Os gregos utilizaban adoito nos enterros unhas moediñas coñecidas como danake (δανάκη) ou outras pequenas denominacións de moeda de ouro, prata, bronce ou cobre de uso local. Nas fontes literarias romanas, refírense case sempre moedas de bronce ou cobre.Apuleio. Metamorphoses 6.18.Babelon, E. Traité des monnaies grecques et romaines. Vol. 1. Leroux. París, 1901. Páxina 430. Entre os séculos VI e IV a. C., na rexión do Mar Negro usábanse moedas de baixo valor comunmente caracterizadas con puntas de frecha ou golfiños, principalmente co propósito de "intercambio local e para servir como óbolo de Caronte".Von Reden, S. "Money, Law and Exchange: Coinage in the Greek Polis". En Journal of Hellenic Studies 117 (1997). Páxina 159. Ás veces refírese ao pagamento con termos alusivos á "tarifa do barco" (grego: ναῦλον -naulon-; latín: naulum), á "tarifa por transporte" (grego: πορθμήϊον ou πορθμεῖον -porthmeion-) ou á "peaxe de navegación" (latín: portorium).

A palabra naulon (ναῦλον) é definida polo lexicógrafo da era cristiá Hesiquio de Alexandría como a moeda que se pon na boca dos mortos, en tanto que un dos significados que se dá de danake (δανάκη) é "o óbolo para os mortos". A Suda define o danake como unha moeda que tradicionalmente se soterra cos defuntos para lle pagar ao barqueiro a pasaxe polo río Aqueronte,​ e explica tamén a definición do termo grego porthmeion (πορθμήϊον) como unha tarifa do barqueiro, mediante unha cita do poeta Calímaco, quen se refire ao costume de levar o porthmeion nas "bocas resecas dos mortos"."Δανάκη". En Suidae Lexicon. Adler, A. (ed). Leipzig, 1931. Citado por Grabka, G. (1953). Páxina 8."Ναῦλον". En Hesychius. Lexicon. Editado por M. Schmidt (Jena 1858–1868), III 142. Esta e outras referencias están citadas en Grabka (1953). Páxinas 8-9.

O óbolo de Caronte como viático En latín, o óbolo de Caronte denomínase ás veces viaticum ("viático"),​ que no uso cotián ten o significado de "provisión para unha viaxe", o que abrangue os alimentos, os cartos e outras subministracións.Plauto. Poenulus. 71 (un home rico carece do viático para a viaxe mor mor da mesquindade do seu heredeiro).Apuleio. Metamorphoses. 6.18 A mesma palabra pódese referir á ao subsidio outorgado aos despoxados dos seus bens e aos condenados ao exilio e, por extensión metafórica, á preparación para a morte á fin da viaxe da vida.Como en Seneca. Ad Helviam matrem de consolatione. 12.4​Braginton, M. V. "Exile under the Roman Emperors". En Classical Journal 39 (1944). Páxinas 397-398."Viaticum". En Oxford Latin Dictionary. Clarendon Press, Oxford; 1982. Páxina 2054."Viaticum". En Lewis & Short. A Latin Dictionary. Clarendon Press. Oxford, 1879. Páxina 1984. Cicerón, no seu ensaio filosófico Cato Maior de Senectute (44 a. de C.), fai que o interlocutor, Catón o Vello, ao falar da aproximación á morte, combine dúas metáforas que remiten á final dunha viaxe e á madureza do froito: “Non entendo que cobiza debería querer para si mesma na vellez; pode algo ser máis parvo que adquirir máis provisións (viaticum) cando queda menos da viaxe?Marcus Tullius Cicero. De senectute. 18.66: "Avaritia vero senilis quid sibi velit, non intellego; potest enim quicquam esse absurdius quam, quo viae minus restet, eo plus viatici quaerere?" [...] As froitas, se están verdes, case non poden ser arrincadas das árbores; se están maduras e suavizadas, caen. Do mesmo xeito, a violencia guía a vida dos mozos; os vellos, a plenitude dos tempos. Para min iso é tan gratificante que, canto máis preto estou de morrer, parezo a piques de estar na terra, como se, nun momento non programado, chegase ao porto tras unha longa viaxe.Marcus Tullius Cicero. De senectute. 19.71: "et quasi poma ex arboribus, cruda si sunt, vix evelluntur, si matura et cocta, decidunt, sic vitam adulescentibus vis aufert, senibus maturitas; quae quidem mihi tam iucunda est, ut, quo propius ad mortem accedam, quasi terram videre videar aliquandoque in portum ex longa navigatione esse venturus".” Baseándose neste sentido metafórico de "provisión para a viaxe á morte", o latín eclesiástico tomou o termo "viático" para a tradición da eucaristía, na que se coloca na boca dunha persoa que está a morrer como unha provisión para a pasaxe da alma á vida eterna.Grabka (1953). Páxina 27.​Stevens, S. T. (1991). Páxinas 220-221. A evidencia literaria máis antiga deste uso cristián para o viático aparece no relato de Paulino de Nola sobre a morte de Santo Ambrosio en 397 d. de C.Paulino de Nola. Vita Sancti Ambrosii 47.3.​Patrologia Latina. 14:43: "Domini corpus, quo accepto, ubi glutivit, emisit spiritum, bonum viaticum secum ferens". O Synodus Hibernensis do século VII ofrece unha explicación etimolóxica: "a palabra viático é o nome de comuñón, é dicir, "a custodia do camiño", porque garda a alma ata que se compareza ante o tribunal de Cristo".Synodus Hibernensis. Libro 2; capítulo 16. Citado en Smith. A Dictionary of Christian Antiquities. 1875-1880. Páxina 2014. Tomé de Aquino explicou o termo como "unha prefiguración do froito de Deus, que estará na Terra Prometida, por mor do cal se chama viático, xa que nos proporciona lo xeito de chegarmos alí". A idea dos cristiáns como "viaxeiros na procura da salvación" aparece desde o principio nas Confessiones de Santo Agostiño.Tomé de Aquino. Summa Theologica. Parte 3; cuestiónn 73; artigo V. Estudado en Brand, B "Viator ducens ad celestia: Eucharistic Piety, Papal Politics, and an Early Fifteenth-Century Motet". En Journal of Musicology 20 (2003). Páxinas 261-262.Carozzi, C. "Les vivants et les morts de Saint Augustin à Julien de Tolède". En Le voyage de l’âme dans l’Au-Delà d’après la littérature latine (Ve–XIIIe siècle). Palais Farnèse, 1994. Páxinas 13-34.

Unha palabra equivalente a viaticum en grego é ephodion (ἐφόδιον). Coma o viático, a palabra usouse na Antigüidade co significado de "provisión para unha viaxe" e, posteriormente, na literatura patrística grega, para a eucaristía administrada no momento da morte."ἐφοδεία". En Liddell & Scott. A Greek-English Lexicon. Clarendon Press. Oxford, 1843 (reimpreso en 1985). Páxinas 745-746.

Na literatura clásica As fontes literarias greco-romanas desde o século V a. de C. ao século II d. de C. son consistentes na atribución de catro características ao óbolo de Caronte:

É unha moeda de escaso valor. Vai colocada na boca. Colócase no momento da morte, Representa a tarifa dun barco.Stevens, S. T. (1991). Páxina 216.

miniatura|esquerda|160px|Recreación do busto de Luciano de Samosata nun gravado do século XVII Os epigramas gregos, que eran versións literarias de epitafios, refírense ao "óbolo que paga a pasaxe do falecido", e algúns deles refírense a esta crenza para se burlar dela ou para a refutar.Anthologia Palatina. 7.67.1-6 O satirista Luciano de Samosata afirma que Caronte recada "un óbolo de todos que fan a viaxe cara a abaixo".Luciano de Samosata. Caronte e os contemplativos,11. Nunha elexía de consolación que fala dunha muller morta, o poeta Propercio expresa a finalidade da morte mediante o pagamento da moeda de bronce ao cobrador da peaxe infernal (portidor).Propercio. Elegiae. Libro 4. Elexía 11. Liñas 7-8. Para a imaxinaría do inframundo neste poema, véxase Curran, L. C. "Propertius 4.11: Greek Heroines and Death". En Classical Philology 63 (1968). Páxinas 134-139. Outros autores mencionan tamén esta peaxe e, con frecuencia, os autores fan notar o baixo valor da moeda para pór a énfase en que a morte non fai distinción entre ricos e pobres; todos deben pagar o mesmo, xa que todos poden morrer, e os ricos non poden dispor de cantidades superiores para a morte:Stevens, S. T. (1991). Páxinas 216-223. “A miña equipaxe é só un frasco, unha carteira, unha capa vella e o óbolo que paga a pasaxe do defunto.Anthologia Palatina. 7.67. 1-6.”