Sotaquirá é un concello colombiano do departamento de Boyacá, que se atopa no centro-leste de Colombia, na rexión do Alto Chicamocha. Está situado a uns 39 km da cidade de Tunja. Sitúase na provincia do Centro.
O concello limita polo norte con Paipa, polo sur con Cómbita, polo oeste con Gámbita e polo leste con Tuta.
Historia Na época precolombiana, o territorio do actual concello de Sotaquirá estivo habitado polos indíxenas sotairaes, da Confederación Muisca, tributarios do Zaque de Hunza. O 20 de decembro de 1582 foi fundado o poboado polo pai agostiño frei Arturo Cabeza de Vaca, mediante a unión dos repartimentos de Ocusa, Tímiza e Soconsuca. En 1777 o poboado constituíuse en parroquia.Página oficial de la Alcaldía Municipal de Sotaquirá - Información general - Historia (Consultado el 10 de febrero de 2018).
Notas
Véxase tamén Bibliografía Senado da República de Colombia (1989), Municipios colombianos. Bogotá: Pama Editores Ltda. Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Concellos de Boyacá Categoría:Confederación muisca