Jan Paweł Lenga, nado o 28 de marzo de 1950 en Horodok (RSS de Ucraína) é un relixioso mariano polaco-ucraíno, 1º bispo de Qarağandı dende 1991 até 2011.

Traxectoria Naceu o 28 de marzo de 1950 en Horodek, fillo de Emil e Teofila, de apelido de solteira Kińczyk. Logo de que as autoridades lle negasen o ingreso no seminario de Riga, en 1975 entrou na Congregación dos Padres Marianos en segredo. Foi ordenado sacerdote o 28 de maio de 1980 por Vincentas Sladkevičius. Por mor da súa actividade pastoral, o KGB expulsouno a Tadjiikistán en 1980 e posteriormente a Kazakhstán en 1981.

O 13 de abril de 1991 foi nomeado administrador apostólico de Kazakhstán e bispo titular de Arba polo papa Xoán Paulo II. Recibiu a consagración episcopal o 28 de maio do mesmo ano de mans do delegado apostólico Francesco Colasuanno, e tivo como co-consagrantes principais ao administrador apostólico da Rusia europea Tadeusz Kondrusiewicz e ao bispo de Kamyanets-Podilskyi Jan Olszanski.

Coa elevación da sé ao rango de diocese, Lenga foi nomeado bispo de Qarağandı. O 17 de maio de 2003 foi nomeado arcebispo a título persoal. Retirouse o 5 de febreiro de 2011.

Notas

Categoría:Nados en 1950 Categoría:Nados na rexión de Khmelnytskyi Categoría:Bispos católicos do século XX Categoría:Bispos católicos do século XXI Categoría:Arcebispos da Igrexa católica latina Categoría:Bispos católicos de Ucraína Categoría:Bispos católicos de Kazakhstán Categoría:Relixiosos católicos de Ucraína Categoría:Marianos da Inmaculada Concepción