Chocontá é un concello do departamento de Cundinamarca (Colombia), que se atopa na provincia de Almeidas, da que é capital. O concello atópase a 75 km ó nordés de Bogotá, cidade coa que se conecta pola Troncal Central do Norte (Ruta Nacional 55). A altitude media é de 2689 m s. n. m. O clima é tépedo, cunha temperatura media anual de 13 °C, presentando abondosas choivas durante o ano. CLIMATE-DATA.ORG, Clima: Chocontá.

Chocontá limita polo norte con Villapinzón e Lenguazaque, polo sur con Sesquilé e Machetá, polo leste con Machetá e Tibirita, e polo oeste con Suesca.

Toponimia O topónimo «Chocontá» deriva do muysccubun (lingua muisca), e pode traducirse como «labranza do aliado bo», ou tamén, «labranza da boa alianza».González, Karen. Chocontá, la Troya de los chibchas. Periódico El Tiempo (1 de setembro de 2001).Henao, Susana. Los hijos del agua. (Editorial Planeta. Bogotá. Primera edición: 1995; Segunda edución: 2011), p. 319. ISBN 978-958-8593-19-7

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Batalla de Chocontá Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Concellos de Cundinamarca