O inhibidor da protease dependente da proteína Z ou ZPI é unha proteína do plasma sanguíneo que inhibe os factores Xa e XIa da fervenza de coagulación do sangue. É un membro da clase de encimas inhibidores da serina protease (serpinas). Como indica o seu nome, require a proteína Z, outra proteína circulante do sangue, para poder funcionar axeitadamente, pero isto só se aplica á súa inhibición do factor X.
Ten un peso molecular duns 72 kDa e consta de 444 aminoácidos. Prodúcese no fígado. Está codificada no xene SERPINA10 do cromosoma 14 humano.
Papel en enfermidades Water et al. atoparon deficiencia de ZPI no 4,4% dunha cohorte de pacientes de trombofilia (unha tendencia á trombose).
Historia Han et al. describiron por primeira vez o ZPI en 1998. O mesmo grupo caracterizouna con máis detalle en 2000.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Inhibidor da protease (bioloxía)
Ligazóns externas A base de datos en liña MEROPS par as peptidases e os seus inhibidores: I04.005
Categoría:Xenes do cromosoma 14 Categoría:Coagulación do sangue