Gaivotas subterráneas é unha obra de teatro do dramaturgo cántabro Alfonso Vallejo, publicada en 1985.Gaviotas subterráneas, en Cervantes Virtual.
Sinopse Nino Carpio traballa nunha empresa de seguros; busca a Mario -músico e amigo da infancia– ao que intentará convencer para que o axude a conseguir unha importante suma de diñeiro do seu seguro de vida. Mario, ao que sempre lle foi mal cos asuntos de Nino, finalmente accederá para intentar ser por primeira vez na súa vida o que controle a situación.
Adaptacións No ano 2013 foi posta interpretada en lingua galega por Luís Iglesia e Xabier Deive, nunha produción de Voz Audiovisual, con dirección de Artur Trillo. Polo seu traballo nesta obra, Luís Iglesia recibiu o Premio do Festival de Teatro Galego do Carballiño (Fetega) do ano 2013. Ano Categoría Obra Resultado2013Mellor actor de teatroGaivotas subterráneasGañador
Notas
Véxase tamén Bibliografía Gaivotas subterráneas na páxina web de Voz Audiovisual.
Categoría:Obras de teatro en castelán Categoría:Obras literarias de 1985