Un exositio é un sitio de unión secundario, situado lonxe do sitio activo, que se encontra nun encima ou outra proteína.

Este sitio é similar a un sitio alostérico, pero difire en que, para que un encima estea activo, o exositio debe estar ocupado. Recentemente, os exositios convertéronse nun tema sobre o que hai un crecente interese en investigación biomédica, para utilizalos como dianas potenciais de fármacos.

Por exemplo, a trombina ten un sitio activo e dous exositios. O seu exositio 1 únese á fibrina, o que a deixa orientada cara ao centro activo.Michael C. Nguyen, Yuri B. Pride, C. Michael Gibson (autores do capítulo). Editores: Allen Jeremias and David L. Brown. Cardiac Intensive Care (2ª edición), capítulo: Anticoagulation. Antithrombins—Mechanism of Action. 2010. ISBN 978-1-4160-3773-6. No exositio 1 pode unirse tamén o PAR, o que é importante para a agregación de plaquetas, e no exositio 2 pode unirse ao receptor GPIbα.Ping Zhang, Lidija Covic, Athan Kuliopulos (autores do capítulo), Editor Alan D. Michelson. Protease-Activated Receptors. Platelets (3ª edición), 2013. Capítulo: III A Dual Protease-Activated Receptor System for Human Platelet Activation. Academic Press. ISBN 978-0-12-387837-3

Notas

Ligazóns externas An autoantibody directed against human thrombin anion-binding exosite in a patient with arterial thrombosis: effects on platelets, endothelial cells, and protein C activation

Categoría:Encimas