A cefalexina é un antibiótico beta-lactámico, pertencente á primeira xeración de cefalosporinas. É activo fronte a bacterias grampositivas, coma Staphylococcus aureus, Streptococcus pneumoniae e algunhas especies de Streptococcus. Non ten actividade fronte a Enterococcus. Presenta unha leve actividade fronte a Enterobacteriáceas.
Dosificación A dose habitual é de 500 ou 1.000 miligramos cada 6 ou 8 horas. A dose debe reducirse en poboación pediátrica e en insuficiencia renal (filtrado glomerular menor de 50). Sitúase na categoría B da FDA durante o embarazo.
Notas
Categoría:Antibióticos