A Unión de Federacións Deportivas Galegas (UFEDEGA) é unha asociación sen ánimo de lucro que reúne ás Federacións de todos os deportes da Comunidade Autónoma Galega.

Creación A UFEDEGA foi creada en 2007, inscrbíndose o día 27 de xuño dese ano no Rexistro Xeral de Asociacións da Xunta de Galicia. Nese acto, a daquela directora xeral de Deportes, Marta Souto, apreciou a iniciativa, e mostrouse convencida de que a Unión servirá para avanzar no camiño do diálogo e a participación. Una treintena de federaciones deportivas gallegas se agrupan en una asociación abierta. La Voz de Galicia, 28-06-2007. Consutada o 6 de setembro de 2018.

Federacións adscritas Inicialmente conformábana 31 entidades, e outras catro estaban a punto de sumarse. Entre as que aínda non se afiliaran, as máis significativas eran a Federación Galega de Fútbol e a de Automobilismo.

As primeias asinantes foron:

Aeronáutica Atletismo Bádminton Baloncesto Béisboll Billar Birlos Boxeo Caza Esquí Náutico Golf Halterofilia Hockey Judo Karate Loita Natación Patinaxe Pelota Péntatlon moderno e Tríatlon Pesca Piragüismo Remo Rugbi Surf Taekwondo Tenis de Mesa Tiro con Arco Tiro Olímpico Voleibol Xadrez

Obxectivos A UFEDEGA ten como principal obxectivo a defensa e o fomento da práctica deportiva federada en Galicia. As súas maiores preocupacións céntranse nas titulacións, os seguros médicos, as fichas ou os gastos en material deportivo, para mellorar e abaratar custos.

Sede Ten a súa sede na cidade da Coruña, no Complexo Deportivo de Elviña, na Avenida de Glasgow, 13, no barrio do Birloque.

Presidencia Desde o ano 2015 o seu presidente é Isidoro Hornillos Baz, que tamén é o presidente da Federación Galega de Atletismo.Isidoro Hornillos Baz en Linkedin.Currículum de Isidoro Hornillos Baz PDF.

Sen recoñecemento oficial A Unión non está recoñecida oficialmente pola Xunta de Galicia. Por isto, o PSdDG-PSOE demanda o seu recoñecemento por lei, aspecto que consideran fundamental para garantir o traballo da entidade.Os socialistas demandan o recoñecemento por lei da Unión de Federacións Deportivas de Galicia.

Notas

Categoría:Federacións deportivas de Galicia