Radmilla A. Cody é unha cantante, modelo e activista antiviolencia doméstica navagho, que foi Miss Navagho dende 1997 até 1998.
Traxectoria Cody naceu no seo do clan Tłʼááshchíʼí da Nación Navagho. O seu pai é afroamericano.Biography ramillacody.com. Consultado o 26 de febreiro de 2015. Foi criada nunha área rural da Nación Navagho pola súa avoa materna, falante de navagho. Nunha entrevista con Vermont Public Radio, Cody lembrou un momento no que a súa avoa se anoxou con ela cando falou en inglés, que, segundo a súa avoa, non é máis que "walla walla walla."Vermont Public Radio interview (transcript) vpr.net. Consultado o 21 de xullo de 2010. As tarefas diarias incluíron o pastoreo de ovellas e ocasionalmente a teceduría. Cody lembrou esa época como relativamente solitaria o cal lle deu tempo para practicar as súas habilidades de canto sendo a súa "primeira audiencia as ovellas". Debido a que a súa avoa se converteu ó cristianismo, os coros cristiáns da igrexa local foron unha grande influencia para ela.Radmilla Cody: Two Cultures, One Voice. npr.org. Consultado o 15 de xullo de 2010.
Discografía Within the Four Directions (2000) Seed of Life (2002) 2002 Native American Music Awards Best Female ArtistCody's Blues . imdiversity.com. Consultado o 15 de xullo de 2010 Spirit of a Woman (2005) Precious Friends (2007) Shi Keyah: Songs for the People (2011)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Pobo navagho Categoría:Nados en 1975 Categoría:Nados nos Estados Unidos de América Categoría:Cantantes en lingua navagho Categoría:Activistas nativos americanos