Killing with a Smile é o primeiro álbum da banda de metalcore australiana Parkway Drive. Foi gravado en maio de 2005, durante un período de só dúas semanas co produtor Adam Dutkiewicz. É o seu único álbum co baixista Shaun Cash.

Estrea O álbum foi publicado en setembro de 2005 en Australia co selo discográfico Resist Records, e un ano máis tarde nos Estados Unidos a través de Epitaph Records, incluíndo un videoclip para "Smoke 'Em If Ya Got 'Em".

En outubro e novembro, a banda participou na edición internacional de 2006 do tour Taste of Chaos, visitando Nova Zelandia, Australia, o Xapón e Europa. Tamén participaron na edición de 2007 do Warped Tour entre xullo e agosto.

Acollida Críticas Dende o seu lanzamento, Killing with a Smile recibiu unha serie de críticas variadas. Absolute Punk valorouno positivamente, describíndoo como un disco que define ben o xénero, eloxiando a estrutura das cancións, a pesar da falta de estrofas ou retrousos ben marcados. O crítico de About.com, Chad Bower non foi tan positivo, pero declara que se trata dun primeiro álbum moi sólido que paga a pena para os fans do metalcore. Porén, critica as letras do álbum por ser un pouco "emo", aínda que a voz forte o compensa.

Corey Apar, crítico de AllMusic, salienta como as letras tratan sobre corazóns rotos e o anoxados que están, citando "Romance is Dead" como un tesouro no referente a iso. Conclúe a recensión comparando a banda con Bleeding Through.

O crítico Matt Whelihan de Punknews.org critica o álbum por ser demasiado xenérico.

Na cultura popular O nome da canción "Guns for Show, Knives for a Pro" é unha cita do filme Lock and Stock.

O grupo de surf australiano Bra Boys inclúe catro cancións do álbum no filme documental Bra Boys: Blood is Thicker than Water: "Gimme a D", "Anasasis (Xenophontis)", "Mutiny" e "It's Hard to Speak without a Tongue". Todas elas, agás a última, foron incluídas na banda sonora.

Temas Todas as cancións foron escritas por Parkway Drive. NºTítuloDuración1."Gimme AD"3:312."Anasasis (Xenophontis)"3:313."Pandora"3:584."Romance Is Dead"5:185."Guns for Show, Knives for a Pro" (contén clips de Xungla de Cristal 2)2:446."Blackout"2:437."Picture Perfect, Pathetic"2:448."It's So Hard to Speak Without a Tongue"4:149."Mutiny" (contains clips sonoros de Piratas do Caribe: A Maldición da Perla Negra)3:1710."Smoke 'Em If You Got 'Em" (versión re-gravada)3:4011."A Cold Day in Hell"4:01Duración Total:39:37

Créditos Os créditos de produción e representación están adaptados das notas do interior do álbum.

Parkway Drive

Wiston McCall - vocalista. Jeff Ling - guitarra. Luke Kilpatrick - guitarra. Shaun Cash - baixo.

Ben Gordon - batería.

Produción

Adam Dutkiewicz - produtor, técnico, mesturas. Waynus Krupa - técnico adxunto. Steve Smart - masterización. Asterik Studio - dirección artística, deseño. Jerad Knudsen - fotografía.

Éxito

39º (posición máis alta) - Australian Albums (ARIA) 2005.

Historial de lanzamentos RexiónDataSeloFormatoCatalog #Australia12 de setembro de 2005ResistCompact DiscRES045Europa21 de agosto de 2006EpitaphCompact Disc86824Estados Unidos22 de agosto de 2006

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Killing with a Smile en AllMusic. Killing with a Smile en Epitaph Records. Entrevista con Winston McCall con explicacións sobre as cancións

Categoría:Álbums musicais de 2005 Categoría:Álbums de Parkway Drive