Isto é unha lista sobre os tiroteos nos Estados Unidos de América durante o ano 2018.
Tiroteos por estados
EstadoMortos totaisAutores mortosFeridosAutores detidosFlorida201261Texas100101Maryland6141Pensilvania5010Ohio4150Tennessee4021Kentucky20171Míchigan2000Nova Jersey11201California0050Luisiana0020
Tiroteos por mes
Xaneiro
23 de xaneiro
Un rapaz de 15 anos mata a 2 persoas e fere a 17 nun tiroteo nunha escola do rural de Kentucky.
28 de xaneiro
Un tiroteo deixa 5 mortos e 1 ferido en Pensilvania, concretamente na localidade de Melcroft.
Febreiro
1 de febreiro Un tiroteo nunha escola dos Ánxeles, California deixa 5 feridos.
14 de febreiro Tiroteo de Parkland no 2018. Un exalumno de 19 anos mata de maneira indiscriminada nun instituto de Parkland, Florida, matando a 17 persoas e ferindo a 15. O autor é Nikolas Cruz foi detido.
23 de febreiro
Un tiroteo na Universidade de Luisiana, deixa 2 feridos.
Marzo
1 de marzo
Un tiroteo nun instituto de Dalton, no estado de Xeorxia saldase cun detido. O autor deste tiroteo é un profesor de 53 anos, que responde ao nome de Jesse Randal.
2 de marzo
Un tiroteo na Universidade Central de Míchigan deixa 2 mortos. O autor é un home de 19 anos que se chama James Eric Davis Jr.
20 de marzo
Un tiroteo nun instituto de St. Mary, Maryland, deixa o agresor morto e dúas persoas feridas.
Abril
4 de abril
Un tiroteo na sede de Youtube en San Bruno, ao sur de San Francisco, no estado de California; deixa 1 morto, a autora suicidouse máis tarde e 3 feridos. A autora é Nasim Aghdam.
22 de abril
Un tiroteo nun restaurante de Nashville, Tennessee, deixa 4 mortos e 2 feridos. Uns días despois o autor foi detido, é un home de 29 anos que se chama Travis Reinking.
Maio
18 de maio
Un rapaz de 17 anos dispara de maneira indiscriminada nun instituto de Santa Fe, Texas, matando 10 persoas e ferindo outras 10. O autor é Dimitrios Pagourtzis, máis tarde foi detido.
Xuño
15 de xuño
Un tiroteo en Denver, no estado de Colorado deixa 1 morto e 3 feridos. O autor do tiroteo foi detido.
17 de xuño
Un tiroteo nun festival de arte en Trenton, Nova Jersey, deixa 1 morto, que parece ser que era un dos dous autores mentres o outro está detido e 20 feridos.
29 de xuño
Un tiroteo no periódico The Capital Gazette en Annapolis, Maryland deixa 5 mortos e 2 feridos graves. O autor do tiroteo é un home de 38 anos, que corresponde ao nome de Jarrod W. Ramos, que foi detido.
Xullo
Agosto
10 de agosto
Un tiroteo por unha discusión sobre política en Facebook, deixa 1 ferido e 1 detido en Florida. O autor é Brian Sebring de 44 anos.
24 de agosto
Un tiroteo en San Bernardino, no estado de California deixa 2 mortos. O autor non foi arrestado pola policía.
27 de agosto
Un tiroteo en Jacksonville, Florida deixa 3 mortos, incluído o autor do tiroteo que se suicidou e 11 feridos mentres se estaba a realizar un torneo, organizado por un restaurante da zona, do videoxogo Madden NFL. O autor do ataque é David Katz, de 24 anos, que fora eliminado do torneo.
Setembro
6 de setembro
Un tiroteo nun banco en Cincinnati, no estado de Ohio, deixa 4 mortos, incluíndo o autor do tiroteo e 5 feridos. O autor do ataque é Omar Pérez de 29 anos, a policía di que era un enfermo mental .
21 de setembro Un tiroteo na localidade de Aberdeen, no estado de Maryland, deixa un saldo de polo menos 3 mortos, incluído a autora, unha muller de 26 anos que se suicidou. Traballaba de forma temporal.
Outubro
15 de outubro
Un tiroteo nunha festa na localidade de Taft, no estado de Texas deixa un saldo de: 4 mortos e unha persoa ferida. Os autores son dous homes: Ronnie Rodríguez Jr., de 20 anos detido pola policía e Ronnie Rodríguez Sr., de 37 anos fuxido.
Novembro 2 de novembro Un tiroteo nun centro de ioga da cidade de Tallahassee, capital do estado de Florida, deixa 2 mortos e 5 feridos. O autor é un home de 40 anos que responde ao nome de Scott Paul Beierle, que se suicidou.
7 de novembro
Un tiroteo nun bar da localidade californiana de Thousand Oaks deixa o seguinte saldo: 12 mortos e 22 feridos. O autor é un home de 28 anos que responde ao nome de Ian David Long, un exmarine que se suicidou. Sufria de estrés postraumático.
Notas
Categoría:2018 Categoría:Historia dos Estados Unidos de América